Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a abrir “unha etapa de oportunidades de futuro” en Galicia tras 10 anos de recortes

O secretario xeral e candidato á Presidencia da Xunta sinala que “Feijóo non é un bo político nin un bo xestor para Galicia” na proclamación dos candidatos socialistas ás autonómicas

Fuenlabrada, 10 de novembro de 2018. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, interveu este sábado no acto de proclamación dos candidatos socialistas ás vindeiras eleccións autonómicas para reivindicar que “Galicia necesita un cambio” tras dez anos de goberno da dereita.

“Temos que abrir unha etapa de oportunidades de futuro para os galegos e as galegas”, recalcou o líder do PSdeG, consciente de que Feijóo “deixa unha Galicia cunha economía máis débil, cun medio rural abandonado, con recortes sen precedentes en dereitos sociais e con salarios e pensións máis baixas” que no resto de España.

Á vista destes datos, en presenza do presidente do Goberno, Pedro Sánchez, Gonzalo Caballero explicou que, “cando Pablo Casado di que o seu espello é Feijóo”, hai que dicirlle que “Feijóo non é un bo político nin un bo xestor” senón que ten sido “un rei espido” que ofrece unha imaxe de Galicia que non é “a real”.

Pola súa banda, despois de explicar que sigue compatibilizando a súa actividade profesional como docente universitario coa Secretaría Xeral do PSdeG, para o que foi elixido hai un ano en primarias, o dirixente socialista enfatizou: “Non me quero resignar a que a Galicia dos meus fillos sexa unha Galicia sen oportunidades”.

Na mesma liña, Gonzalo Caballero rexeitou que a Galicia do futuro ofreza “unha sanidade pública deteriorada e privatizada”, na que non haxa “dereitos” para as persoas maiores e na que, en definitiva, haxa “menos futuro”. Para combater isto, receitou “máis socialismo, máis igualdade e máis solidariedade”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04