Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero denuncia na Fonsagrada que a Xunta “abandonou o rural”: “Alcaldes de PSdeG e PP na provincia de Lugo piden a dimisión do conselleiro”

O líder do PSdeG subliña que “Galicia non pode ser un eucaliptal” pero advirte de que “a mala planificación” da Xunta é “perversa” con concellos como A Fonsagrada e Castroverde

O dirixente socialista chama a todas as forzas da Fonsagrada a aprobar os orzamentos locais nun momento no que “o prioritario” é facer fronte á crise

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou hoxe A Fonsagrada xunto co alcalde, Carlos López, e o rexedor de Castroverde, Xosé María Arias, para denunciar o “abandono” do medio rural por parte da Xunta.

Acompañado tamén pola secretario de Organización do PSdeG, José Antonio Quiroga; a secretaria provincial do PSdeG de Lugo, Patricia Otero, e o voceiro socialista de Medio Rural, Martín Seco, Gonzalo Caballero puxo o foco en que cada vez son máis os alcaldes de pequenos concellos que están pedindo a dimisión do conselleiro de Medio Rural.

En concreto, na provincia de Lugo, incluso alcaldes do PP, como o de Friol, ergueron a voz para denunciar a “ineficiencia” das políticas da Xunta en materia de medio rural e para reclamar a Feijóo un cambio á fronte deste departamento.

“Xa hai alcaldes do PP e do PSdeG que reclaman a dimisión do conselleiro”, incidiu o dirixente socialista, quen defendeu outra política para os pequenos concellos e unha estratexia de “discriminación positiva” encamiñada a dar “igualdade de oportunidades” a toda a cidadanía, independientemente do lugar onde vivan.

PLANIFICACIÓN FORESTAL

Ao fío disto, en compañía dos alcaldes da Fonsagrada e Castroverde, Gonzalo Caballero analizou a problemática derivada da ausencia de xestión forestal da Xunta.

En concreto, o líder do PSdeG denunciou que existe “unha mala planificación” por parte do goberno galego e que esta ten efectos “perversos” para concellos como A Fonsagrada ou Castroverde.

“Galicia non pode ser un eucaliptal”, deixou claro Gonzalo Caballero, antes de esixir á Xunta que busque o consenso para ordenar e equilibrar as plantacións. “Non ten sentido que haxa zonas de Galicia masificadas cun 90% de eucaliptos e que noutras estea completamente prohibido”, apuntou.

Fronte a isto, o máximo responsable do PSdeG subliñou que “cómpre ordenar” o solo e equilibrar as plantacións por zonas a través dunha planificación que “evite o monocultivo” e estableza rotacións para evitar afondar na degradación do solo.

Así mesmo, Gonzalo Caballero avogou por que as plantacións de eucaliptos vaian acompañadas de compensacións para as zonas de frondosas autóctonas, de xeito que se poidan equilibrar os beneficios do monte en produción e do monte de protección ambiental.

ORZAMENTOS DA FONSAGRADA

En paralelo, o secretario xeral do PSdeG apelou ao resto de forzas con representación no concello da Fonsagrada para que apoien a aprobación dos orzamentos locais.

“O prioritario é sacar adiante as contas para enfrontar a crise que estamos vivindo sen deixar a ninguén atrás”, subliñou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares denuncia o desleixo da Xunta diante da caída da produción marisqueira en Galicia

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo mantén un encontro en Barbanza para analizar a situación das rías de Arousa…

21/05/2024 17:04

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16