Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para esixirlle á Xunta que faga pública a avaliación do Plan Rehabita

A Comisión de Ordenación Territorial aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que presente no Parlamento un informe sobre a avaliación do Plan Rehavita. A proposta foi presentada polo portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Luis Álvarez, que reclamou coñecer os orzamentos totais executados en cada un dos apartados deste Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda.

O responsable socialista reclamou as conclusións deste Plan, que rematou no ano 2020 e vén de ser substituído polo coñecido como Pacto de Vivenda de Galicia 2021-2025, para avaliar os resultados da aplicación do plan inicial que “permita coñecer a adecuación do deseño á realidade e corrixir calquera aspecto. Álvarez reclamara coñecer as conclusións antes de agosto, pero para que a proposta fora aprobada tivo que aprazar a petición ata finais de ano, como pedía o PP.

Álvarez explicou que “temos un problema importante” no canto ás políticas de vivenda do goberno galego, que levaron a que esta Comunidade Autónoma sexa das tres que menos vivendas protexidas ten construído con relación ao parque de vivenda total entre 2011 e 2019, só por diante de Baleares e Melilla. Así, Galicia construíu nesta etapa un total de 31.000 vivendas, das cales só 3.023 son protexidas, o 9,7 por cento.

Este Plan, explicou, foi concibido supostamente para paliar esta situación, para o cal tiña previsto mobilizar 307 millóns de euros en total durante toda a súa vixencia. O impacto estimado polo goberno galego era de 35 empregos por cada millón de euros investidos en vivenda de obra nova, e 57 empregos por cada millón investido en rehabilitación.

A proposta aprobada hoxe solicita coñecer polo miúdo o nivel de éxito do Plan, sinalando os valores para cada un dos indicadores que incorporan cada un dos 3 eixos do plan, cos orzamentos executados correspondentes en cada un deles. Álvarez apunta que como esta organización forma parte do propio plan da Xunta dende o seu deseño, “esta avaliación debera resultar sinxela ao dispoñer a Administración autonómica da totalidade da información precisa”.

O Plan, desenvolto entre os anos 2015 e 2020, foi concibido para deseñar a política de vivenda “en función das necesidades reais da demanda de vivenda protexida e na rehabilitación do patrimonio construído, así como prestar especial atención ás persoas en situación de desprotección por estar en risco de perder ou ter perdido a súa vivenda”.

Os eixos orixinais de actuación, explicou, apuntaban ao acceso á vivenda, a rehabilitación de vivendas e renovación urbana, a prevención da exclusión residencial e outras medidas en materia de vivenda.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a presentar ao Parlamento de Galicia, ao remate de 2021, un informe sobre a avaliación do Plan galego de rehabilitación, aluguer e mellora do acceso á vivenda, coñecido como Plan Rehavita, no que inclúan cando menos:

  1. a) O valor final acadado para cada un dos indicadores previstos para os eixos 1, 2 e 3 do plan.

  1. b) Os orzamentos totais executados correspondentes a cada un dos eixos, indicando os correspondentes aos distintos programas que desenvolven eses eixos, é dicir, os catro programas que desenvolven o eixo 1, os catro que desenvolven o eixo 2, os tres que desenvolven o eixo 3, así como o eixo 4”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista promove unha declaración institucional para que o Parlamento condene o ataque sen precedentes de Milei ao Goberno español

Elena Espinosa pídelle a Rueda que estea á altura do seu cargo e lémbralle que o presidente arxentino comezou o…

21/05/2024 16:15

Julio Abalde lamenta que o PP vote en contra de pedirlle á Xunta que axude aos mariscadores da Ría do Burgo

Reclamoulle á Xunta que garanta a supervivencia das 100 familias afectadas pola rexeneración da ría mentres dura o proceso de…

21/05/2024 12:56

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta unha ordenación axeitada da eólica para que Galicia non perda a oportunidade de liderar a transición enerxética

A voceira de Industria e Enerxía, Patricia Iglesias, sinálalle ao Goberno galego a necesidade de facer das renovables “unha prioridade…

19/05/2024 15:29

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31