Categorías: Actualidade

Feijóo instrumentaliza a reivindicación feminista para desviar os usos futuros de Meirás e branquear ao franquismo

As portavoces de Xustiza e de Igualdade, Paloma Castro e Noa Díaz, presentaron hoxe unha serie de iniciativas parlamentarias para acusar ao goberno galego de “instrumentalizar” as reivindicacións feministas para “desviar o uso futuro do Pazo de Meirás”. Así o explicaron logo da intención da Xunta de facer a entrega das medallas Emilia Pardo Bazán o próximo 8M no Pazo de Meirás, que foi desbotada polo Estado.

Lembraron que as medallas son entregadas o 16 de setembro, coincidindo co aniversario da escritora, o que levou a Paloma Castro a cualificar esta “manobra” de “ocorrencia”, “artimaña” e de “estratexia torticeira”. A intención da Xunta, dixo, é “utilizar o Día Internacional da Muller para desviar o uso futuro do Pazo de Meirás da memoria democrática” co que intentan “agochar os capítulos máis negros da nosa historia” e esixiulles que “deixen de branquear o fascismo”.

A portavoz de Igualdade, Noa Díaz, sinalou que “as mulleres socialistas e feministas non imos permitir que nos utilicen como instrumento” para “branquear” as súas intencións e deturpar o uso do Pazo. Preguntou “que se pode agardar dun presidente que di estar a favor da igualdade de homes e mulleres pero que nunca se declarou feminista nin entende o que significa ese concepto”, antes de anunciar unha serie de iniciativas parlamentarias por esta instrumentalización.

Díaz foi a encargada de ratificar hoxe o apoio dos socialistas galegos á reivindicación feminista do próximo 8 de marzo, logo de que precisamente as mulleres foran especialmente castigadas durante unha pandemia na que se atoparon “en primeira liña”. A responsable socialista apelou á prudencia para cumprir as normas de seguridade nunha “reivindicación diferente” na que, dixo, “loitaremos dende os balcóns, dende as redes sociais ou dende as casas do pobo”.

Neste sentido, Paloma Castro adiantou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha iniciativa socialista para reivindicar un proxecto de Recuperación da Memoria Democrática das mulleres galegas “co fin de visibilizalas e recoñecer a represión que sufriron e o papel vertebrador que tiveron na loita pola democracia e a autonomía galega”.

Lembrou que “milleiros de homes e mulleres foron represaliados, perseguidos, escravizados ou asasinados por pensar diferente”, e fixo un chamado a recuperar a historia “con perspectiva de xénero” para reivindicar a memoria de milleiros de mulleres que “foron tamén rapadas, violadas e asasinadas polo dobre factor de sexo e da ideoloxía”.

Apuntou que “é hora de contar a historia completa do réxime franquista, onde as mulleres teñan o lugar que lles corresponde”, logo de décadas “relegadas da vida pública e política, sempre situadas nun lugar de subordinación, discriminación e dependencia”.

Recurso de Meirás

En resposta a preguntas dos medios de comunicación, a portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, chamou a “esgotar tódalas vías xudiciais posibles” para rectificar a sentenza que declara a indemnización á familia Franco polo uso do Pazo de Meirás. Lembrou que o Grupo Socialista presentará unha proposición non de Lei neste sentido no Pleno do Parlamento que se celebra a próxima semana.

Castro apuntou que “no dereito todo é interpretable”, malia que “xuridicamente un recurso de casación ten as causas de admisión taxadas, e unicamente se pode recorrer por erro na aplicación das normas xurídicas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27