Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para esixir á Xunta que adoite medidas que eviten o peche do centro operativo da antiga Fenosa na Coruña

Pablo Arangüena pide á Xunta que reclame a Naturgy “moita máis responsabilidade social corporativa dado o beneficio que obtén na nosa terra” e critica a “falla de política industrial” da Xunta, que provoca a “perda de galeguidade” de moitas empresas

O Parlamento de Galicia vén de aprobar a iniciativa socialista para instar á Xunta a adoitar “todas as medidas ao seu alcance” para evitar o traslado do centro operativo da rede norte de Unión Fenosa Distribución, antiga Fenosa, dende A Coruña a Madrid.  Fíxoo, hoxe na Comisión de Industria, trala aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei neste senso.

O vicevoceiro do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, urxiu tamén ao goberno galego que, “no uso das súas competencias”, “obrigue á empresa, como primeiro subministrador eléctrico de Galicia, a garantir a calidade do seu subministro eléctrico”.

Arangüena esixiu á Xunta que “pida máis responsabilidades” á empresa, cando “Galicia para Naturgy é un choio” porque ten na nosa terra “un dos seus principais mercados” e “é o lugar onde produce máis electricidade, a través de decenas de encoros extremadamente rendibles” e outros tantos parques eólicos.

Nesta liña, o responsable socialista criticou a “falla de política industrial” por parte do goberno galego que está a provocar unha “deslocalización” e “perda de galeguidade” das empresas da nosa terra, logo de que a antiga Fenosa veña de comunicar o peche do COR na Coruña, que xestionaba as liñas eléctricas de Galicia e parte de León, “coordinando a resposta ante os apagamentos, tan frecuentes na nosa comunidade en determinadas condicións meteorolóxicas”.

“A antiga Fenosa está perdendo aceleradamente a súa conexión coa Coruña e con Galicia”, sinalou o responsable socialista, quen lembrou que a empresa fora fundada en 1943 na cidade polo empresario coruñés Pedro Barrié de la Maza.

Así, lamentou que “das aproximadamente 300 persoas que traballaban neste centro hai unha década, agora só quedan arredor de 70, tras un desmantelamento progresivo dos centros de traballo” e, agora, o traslado do centro a Madrid “implicará a perda de 28 postos de traballo máis”.

O vicevoceiro do Grupo Socialista alertou de que “a que aínda é a principal subministradora de Galicia non vai ter xa a capacidade operativa en Galicia para atender os frecuentes apagóns do inverno”, co que instou ao goberno galego a “obrigar á empresa a garantir a calidade do subministro eléctrico” en toda a comunidade, xa que “dá servizo a case 2 millóns de puntos de subministro en Galicia”.

“Pasou o tempo das empresas que facían o que lles peta”, aseverou o socialista, quen incidiu na importancia da responsabilidade social empresarial co territorio, xa que  “estamos nun novo tempo que require compromisos por parte das empresas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Nicolás González Casares reivindica o reforzo de Galicia na rede transeuropea de transportes e aplaude o investimento de 4.500 millóns de euros para o corredor atlántico

O candidato do PSdeG ao Parlamento Europeo sinala que “demostramos que o noso obxectivo é facer Europa dende Galicia e…

18/05/2024 11:38

Nicolás González Casares esíxelle a Xunta e PP que se sumen ao consenso na defensa do galego: “se o PP quere, o galego será lingua oficial en Europa en cuestión de meses”

Participa na manifestación na defensa da lingua celebrada en Compostela   O candidato socialista ao Parlamento Europeo, Nicolás González Casares,…

17/05/2024 14:16

Besteiro, na homenaxe a Luísa Villalta: “A defensa da nosa lingua é hoxe máis necesaria que nunca”

O secretario xeral do PSdeG lembra que os socialistas adiantaron no Parlamento o 11 de abril un gran pacto polo…

17/05/2024 13:31

O PSdeG constitúe o comité de campaña para as eleccións europeas

Nicolás González Casares, Lorena Guerra e Elba Veleiro forman parte da candidatura de España nas eleccións europeas do próximo 9…

16/05/2024 19:04

Carlos López Font esíxelle á Xunta que cumpra coa legalidade no transporte de viaxeiros por estrada

Denuncia a “escasa ou nula transparencia” por parte do goberno galego e alerta dun empeoramento no servizo   O portavoz…

16/05/2024 18:29

Paloma Castro urxe á Xunta a “desatascar” o proxecto de dragaxe do Lérez

denuncia que o PP leva 13 anos tomándolle o pelo aos pontevedreses e pontevedresas mantendo bloqueada a actuación   A…

16/05/2024 18:27