Categorías: Actualidade

Martín Seco insta á Xunta a retirar o proxecto de liña de alta tensión Carballo-Arteixo: “Afectaría de forma crítica e irreversible á paisaxe”

O PP rexeita no Parlamento a mesma iniciativa que aprobaran todos os grupos no Concello de Arteixo por unanimidade e a petición do PP local

O responsable socialista critica a “preocupante falla de transparencia” dun goberno galego que deseña un proxecto eólico “de costas ao pobo” e sen escoitar ao Concello de Arteixo

O voceiro de Industria do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de instar á Xunta de Galicia a retirar o proxecto da liña de alta tensión do parque eólico de Monteagudo en Carballo ata a subestación do polígono de Morás, en Arteixo. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Industria do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei.

A iniciativa socialista, que foi rexeitada polo PP, é a mesma que levou ao pleno do Concello de Arteixo o Grupo Municipal do PP e que foi aprobada por unanimidade por todos os grupos municipais do concello.

“Esta nova liña de alta tensión de 66 kv atravesaría 13.600 metros con 47 torres de alta tensión de ata 42 metros de altura e afectaría de forma crítica e irreversible á paisaxe”, aseverou o socialista, quen lembrou que o territorio afectado está comprendido na Reserva da Biosfera e é moi próximo aos humidais costeiros, á Rede Natura da Costa da Morte, así como a espazos singulares como a Fraga de Sisalde, xunto ao que se atopa un dos abastecementos de auga potable de Arteixo e paisaxes castrexas.

Seco subliñou que da análise ambiental e de sustentabilidade do proxecto “pode derivarse un impacto practicamente irreversible e dunha gran magnitude sobre a paisaxe e o medio natural mellor conservado de Arteixo”. Nesta liña, criticou que o estudo ambiental “non tivo en conta as observacións realizadas polo Concello de Arteixo” e tampouco considerou o “documento de alcance da Secretaría Xeral de Calidadade e Avaliación Ambiental”.

Así, lembrou que en 2015, cando comezaron os trámites ambientais para esta liña de alta tensión, “a corporación municipal do Concello de Arteixo mantivo por unanimidade unha posición desfavorable ao proxecto”, xa que considerou “que non estaba suficientemente xustificada a necesidade desta infraestruatura eléctrica nin que atravesase toda a parte occidental do municipio, xustamente a de maior calidade paisaxística e ambiental e nun concello con alto grao de sacrificio industrial e de infraestruturas”.

O responsable socialista criticou que a Xunta deseñe un proxecto eólico “de costas ao pobo”, o que está a causar “un gran malestar” entre a veciñanza. Así, subliñou que existe unha “preocupante falla de transparencia, unha falla de apoio e información aos afectados; unha falla de equilibrio nas negociacións entre propietarios e protores eólicos e tamén unha falla de beneficios para as comunidades afectadas”.

Finalmente, Seco lembrou que o propio alcalde de Arteixo, do PP, tivo que pedir “por vía de moción” unha xuntanza co Vicepresidente e Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia para abordar o tema, o cal amosa a “falla de atención e de coordinación” do goberno autonómico cos concellos de Galicia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18