Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero demanda á Xunta que utilice xa os 110.000 tests de diagnóstico rápido enviados a Galicia polo goberno de España

Sinala que os tests son “útiles e necesarios” porque o Sergas nun mes puido facer 42.000 PCR, pero a poboación galega é de case 2,7 millóns persoas: “Cada día que pasa sen actuar, é un día perdido”

Santiago, 12 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta que utilice xa os máis de 110.000 tests de diagnóstico rápido que o goberno de España xa consignou para Galicia. Uns 58.000 foron remitidos nunha primeira remesa e outros 57.000 chegarán nestes días.

“Situacións de contaxio masivo como a que vemos na residencia do Barco de Valdeorras poñen de manifesto os erros na prevención e que se chega tarde”, recalcou Gonzalo Caballero, á vista de que, neste mes de confinamento a causa do coronavirus, o Sergas realizou uns 42.000 PCR nunha poboación de preto de 2,7 millóns de persoas.

Así o dixo o líder dos socialistas galegos nun contexto no que hai máis de 1.200 persoas afectadas polo covid-19 vinculadas cos centros asistenciais e no que a Xunta xa leva intervidas tres residencias de maiores a causa do aumento dos casos. “Cada día que pasa sen que se utilicen todos os medios, e tamén os tests rápidos, é un día perdido”, recalcou.

Ademais, como sinalou Gonzalo Caballero, son moitos profesionais sociais e sanitarios, así como os traballadores de distintos sectores, os que están reclamando acceder a probas de diagnóstico do virus e, no caso dos tests de diagnóstico rápido, estes permiten coñecer con certeza a existencia de anticorpos fronte ao coronavirus e requiren un PCR no caso de que arroxen un resultado negativo.

“Pedimos á Xunta que informe do que fai e que actúe”, incidiu o máximo dirixente do PSdeG, quen puxo o foco en que as distintas comunidades así o están facendo, en liña coa guía difundida polo propio Ministerio de Sanidad para o uso destes tests rápidos, que son “útiles e necesarios”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06