Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero insta á Xunta a “deixar de confrontar co goberno” porque “segue tendo pendente” atender a concellos, sanitarios e residencias

O secretario xeral urxe ao goberno galego a “cumprir coas súas competencias” aumentando as plantillas de hospitais e residencias e as medidas de protección para traballadores sanitarios e de servizos sociais

Santiago, 11 de abril de 2020. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou hoxe á Xunta a “abandonar a liña de confrontación co goberno de España” porque “segue tendo pendente” demandas de concellos, hospitais e residencias de aumento das plantillas e das súas medidas de protección.

“Cando se cumpre un mes do confinamento, existen moitas demandas, e a Xunta ten que cumprir coas súas competencias”, recalcou o máximo dirixente do PSdeG para referirse ás melloras necesarias nos eidos da sanidade pública e os servizos sociais.

Nese senso, o líder dos socialistas galegos destacou o envío a Galicia por parte do goberno de España de case 58.000 tests rápidos e de 2,5 millóns de unidades de protección entre máscaras, luvas, buzos…

Por iso, tras requirir á Xunta que realice todos os tests posibles aos profesionais de sectores afectados, Gonzalo Caballero puxo o foco na situación das residencias, que acumulan xa uns 1.100 contaxios entre traballadores e usuarios. Do mesmo xeito, esixiu que se facilite “máis información” ás familias dos internos.

Así mesmo, o secretario xeral reclamou á Xunta que envíe material de protección aos concellos, os cales estanse facendo cargo dos servizos de atención a maiores e aos colectivos máis vulnerables con medios de protección que seguen sendo “escasos e limitados”, ou mesmo asumindo con fondos propios esta cuestión.

“Hai moito que facer, e a Xunta non pode nin relaxarse nin limitarse a poñer deberes ao goberno de España”, advertiu Gonzalo Caballero, consciente de que “necesitamos o traballo coordinado de todas as autoridades” na loita contra o coronavirus. Nese camiño, asegurou, o goberno galego “seguirá tendo a man tendida do PSdeG, pero ten que cumprir en materia de sanidade e servizos sociais”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18