Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica que Feijóo utilice a Xunta para “xogar á política nacional que non lle permitiron facer dentro do PP”

O secretario xeral destaca “os magníficos resultados” do PSOE en Ourense, proba de que “hai un novo aire fresco” fronte a Baltar e Jácome na provincia e na cidade

Ourense, 15 de novembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, visitou esta mañá Ourense, onde aproveitou para poñer en valor “os magníficos resultados” acadados polo Partido Socialista tanto na cidade como na provincia, proba, como dixo, de que “hai un novo aire fresco” na provincia e na cidade.

“Ourense necesita un novo tempo político”, salientou o líder dos socialistas galegos, consciente de que a xente “está farta dos Baltar e do esperpento de Jácome”. “Esta cidade e esta provincia non poden seguir estando en mans das políticas rancias e caducas dunha dereita dirixida por Baltar coa complicidade de Feijóo, e que acaba convertendo a Jácome nun protagonista do esperpento”, remachou.

De feito, o máximo dirixente do PSdeG augurou que Ourense tamén reflectirá o seu rexeitamento ao PP cando Feijóo convoque as eleccións autonómicas, o que amosa que “os tempos de Feijóo á fronte da Xunta están finiquitados”. “Ourense ve que o Partido Socialista é o partido de progreso que necesita”, enfatizou.

Despois de resaltar que o PSOE obtivo en Ourense mellores datos o pasado domingo que o 28 de abril e que na cidade volve ser a primeira forza política, Gonzalo Caballero saudou os avances de cara a formar un goberno progresista en España e criticou o posicionamento público de Feijóo. “Parece que quere xogar á política nacional que non lle permitiron facer dentro do PP”, evidenciou.

Precisamente reprobou o responsable socialista que Feijóo utilice os Consellos da Xunta “non para tomar medidas que permitan que a cidadanía de Galicia viva mellor” senón para proseguir coa súa estratexia de confrontación co goberno socialista porque “está descolocado”.

“O CAN DO HORTELANO”

De todos xeitos, Gonzalo Caballero minimizou a importancia das súas declaracións porque xa se sabe que “a palabra de Feijóo non vale nada”, posto que é quen de “aplaudir os pactos con Vox” un día e ao seguinte pedir gobernar co PSOE. “Se quere facilitar que haxa goberno, que lle diga aos seus deputados que sexan leais co mellor goberno para España e que apoien a investidura de Pedro Sánchez”, sentenciou.

Ademais porque, como argumentou o secretario xeral, o PSOE é “o partido que gañou as eleccións e o único que ten posibilidades de facer goberno”. “Pero o PP actúa como o can do hortelano, que nin pode facer goberno nin deixa que se faga, e está xogando ao boicot continuo”, censurou.

Dito isto, Gonzalo Caballero deixou claro que “nós non queremos gobernar coa dereita” e menos cunha dereita “botada aos brazos da ultradereita”. “Queremos un goberno de progreso, e alí onde estea o PSOE haberá un goberno serio, sólido e respectuoso coas leis e co marco constitucional que ten o noso país. Nós somos a mellor garantía para respectar a Constitución, a democracia e a convivencia”, concluíu.

Así, tras recordar que a executiva do PSdeG respaldou os avances na conformación do goberno, o líder socialista sinalou que “o problema de España non é que haxa un goberno progresista, senón que hai unha ultradereita que pon en risco a convivencia, as liberdades, o benestar e o estado das autonomías á que está branqueando o PP”.

OURENSE, A CIDADE CON MÁIS PORCENTAXE DE APOIO AO PSOE

Pola súa banda, o secretario provincial do PSOE en Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, destacou ante os medios de comunicación que o partido obtivo o 37,48% dos votos da cidade das Burgas, co que “é a cidade de máis de 100.000 habitantes con maior apoio socialista de todo o Estado”.

A maiores, apuntou que no cómputo total da provincia a porcentaxe de papeletas socialistas aumentou nun punto, de xeito que “o escenario é fantástico” a un ano das eleccións autonómicas, mantendo os dous deputados, Marina Ortega e Adolfo Pérez Abellás, e a Juan Carlos Francisco como senador.

“No PP están encantados de recuperar o voto de Ciudadanos, pero están nunha situación moi débil porque os ourensanos non os queren, nin na provincia nin na cidade”, evidenciou o dirixente provincial, quen avanzou que “o PSOE vai resetear ao PP a nivel provincial” e conseguir que “a xente recupere a ilusión”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08