Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero critica que Feijóo amosase no debate sobre o Estado da Autonomía que “prefire ser un Pablo Casado bis antes que exercer as súas competencias e gobernar Galicia”

O voceiro parlamentario socialista subliña que o discurso do presidente da Xunta careceu de “altura de miras, estratexia e modelo para a reactivación” cando o futuro de Galicia se atopa “nunha encrucillada”

O portavoz do PSdeG na Cámara reproba a intervención dun “presidente soberbio que vive nunha Arcadia feliz” e que prefire “confrontar co goberno de España” en vez de dar respostas aos galegos e ás galegas

O voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou hoxe que Feijóo amosase, co seu discurso no debate sobre o estado da autonomía, que “prefire ser un Pablo Casado bis antes que exercer as súas competencias e gobernar Galicia”.

Neste sentido, Gonzalo Caballero subliñou que o discurso de Feijóo careceu “de altura de miras, estratexia e modelo para a reactivación de Galicia” ao “botar balóns fóra e eximirse de responsabilidades” en cuestións da súa competencia como a sanidade e a educación publicas, as políticas sociais, o emprego ou a industria.

“O único que fixo Feijóo é tentar ser líder da oposición a Pedro Sánchez dende Galicia”, reprobou Gonzalo Caballero, para quen Feijóo “non estivo á altura das circunstancias”.

“Converteuse no voceiro de Pablo Casado, tentando confrontar co goberno de España pero sen dar resposta aos problemas dos galegos e galegas alí onde ten competencias”, remarcou, consciente de que hoxe “máis de medio millón de galegos e galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes” e de que a Xunta ten “unha inxente cantidade de fondos que chegaron durante a pandemia” para dar resposta ás necesidades do país.

Ao fío disto, o voceiro socialista lamentou que o presidente da Xunta sexa “escravo das políticas conservadoras e neoliberais” cando “non ten propostas nin respostas” e carece de “sensibilidade coa cidadanía galega”. “Non plantexou alternativas nin fixo reflexións de fondo”, censurou, en materias como a desigualdade social, a política industrial, a política económica ou a igualdade entre homes e mulleres.

De feito, criticou a intervención dun “presidente soberbio que vive nunha Arcadia feliz”. En concreto, sinalou que o discurso de Feijóo retrata a “alguén que non está a pé de país, que se esquece das dificultades de Galicia e que simplemente está nunha estratexia de conflito co goberno de España en vez de exercer as súas responsabilidades en tantos ámbitos”. Feijóo, incidiu, “deixa á sociedade galega orfa cun goberno da Xunta que nin está nin vai estar”.

“ORIENTACIÓN DE PROGRESO” PARA SAÍR DA CRISE

Fronte a isto, o voceiro do PSdeG na Cámara galega remarcou a necesidade de saír desta crise “cunha orientación de progreso” e “pola esquerda”, porque Galicia necesita unha política de vertebración territorial, unha nova política económica ou unha política de benestar “para traballar polas persoas”.

“Necesitamos un goberno alternativo ao que ten o PP”, sentenciou, porque “Galicia está nunha encrucillada” na que require que o PP non incida nas políticas de recortes que puxo en marcha trala Gran Recesión.

Por iso, avanzou, neste debate de política xeral “imos presentar un paquete de propostas para que a reactivación sexa real e chegue a todos”, co obxectivo de “sacar adiante a Galicia” porque “non queremos ser cómplices dos desastres do PP”.

Toca agora, dixo, que “o rodillo do PP baixe do pedestal” e asuma “propostas en positivo” dun PSdeG que, “a diferencia do que fan a dereita e a ultradereita en España”, sempre tivo “altura de miras” e fixo unha “oposición leal” durante a pandemia.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08