Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero constata “o proxecto esgotado de Feijóo” e ínstao a “rectificar” e “gobernar” no seu último ano de mandato

O secretario xeral estréase na Cámara pedindo a Feijóo que sexa “útil a Galicia” e reclamando poñer fin ao “desmantelamento da sanidade pública” que ata censuran os grupos municipais do PP en distintos concellos

Santiago, 11 de setembro de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, compareceu hoxe na Cámara en calidade de presidente do Grupo Parlamentario Socialista para esixir a Feijóo que “rectifique” o seu rumbo político no ano que lle queda á fronte da Xunta.


“Leva dez anos no goberno galego e xestionou máis de 100.000 millóns de euros, pero o seu balance é fondamente negativo”, evidenciou o líder do PSdeG, consciente de que Galicia ten hoxe “menos xente” que hai unha década, menos xente traballando e uns servizos públicos deteriorados. Tamén -proseguiu- “hai menos pulo económico e industrial”, o medio rural está “abandonado” e a Xunta “carece de proxecto para as cidades”.


Á vista das “sombras evidentes” na xestión de Feijóo, Gonzalo Caballero avanzou que coa súa entrada no Parlamento traballará para “fortalecer a alternativa” progresista coa que “dar o que cambio no que milleiros de galegos teñen posta a súa esperanza”.


Sobre todo, como sinalou o máximo dirixente do PSdeG, porque esta lexislatura que está concluíndo é “a da parálise, a da inacción, a dun proxecto esgotado que está asfixiando a Galicia”. “Van tres anos reducidos á mera especulación sobre a súa carreira política”, reprobou.


“UNHA NOVA MAIORÍA SOCIAL”


De feito, Gonzalo Caballero atribuíu “a nova maioría social” que revelaron as urnas en Galicia nas últimas convocatorias electorais ao feito de que a cidadanía galega é incapaz hoxe de dicir “tres medidas positivas” aprobadas pola Xunta.


Neste contexto de “suspenso” da cidadanía ao proxecto de Feijóo, o líder do PSdeG reclamoulle “autocrítica” e cambiar o rumbo no último ano da lexislatura. “Ten a oportunidade de rectificar para ser útil aos galegos”, sinaloulle, e emprazouno a elixir entre “se quere ser o presidente de todos os galegos ou o axente do PP na súa estratexia de confrontación que marca o seu partido”.


Ao fío disto, Gonzalo Caballero preguntouse “por que con Mariano Rajoy todo ía ben” e agora con Pedro Sánchez á fronte do goberno “todo lle parece mal” pese ás melloras impulsadas para a cidadanía.

Do mesmo xeito, sinalou como “curioso” que o presidente da Xunta “non teña o máis mínimo pudor” en defender publicamente a Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes trala súa imputación e opte en cambio “por unha confrontación total co presidente do goberno ao que apoiaron a maioría dos galegos”.


“DESMANTELAMENTO” DA SANIDADE PÚBLICA


Ao contrario, apuntou que ata os grupos municipais do PP en distintos concellos teñen votado en contra do “desmantelamento” da sanidade pública posta en marcha polo goberno da Xunta. “Rectifique”, remachou.


Canto ás entregas a conta, Gonzalo Caballero criticou o “teatrillo” de Feijóo e chamouno a “poñerse a gobernar”. E, ademais, preguntouse “a que Feijóo temos que crer”, se ao que di que “non ten cartos” ou ao que “acaba de prometer” inversións por valor de 900 millóns de euros; ou ao que di apostar polo estado das autonomías pero apoia “os pactos do PP con Vox”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57