Categorías: Actualidade

O modelo sanitario do PP fracasou

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, advertiu hoxe que “o modelo sanitario do PP fracasou” despois de “10 anos traballando sistematicamente en demoler o sistema” de sanidade pública. O responsable socialista presentou unha proposición non de Lei para mellorar as condicións laborais dos traballadores da sanidade e que será votada mañá, malia que o PP xa anunciou hoxe o seu voto en contra.

O responsable socialista alertou dun “problema gravísimo de Recursos Humanos”, que se ten evidenciado nas carencias alarmantes de persoal deste verán, provocado pola xestión dunha Consellería de Sanidade que “parece que toma decisións tirando os dados”. Denunciou que os “únicos esforzos” do goberno galego estean dirixidos a “disimular e confundir e botar balóns fora” para eludir as súas responsabilidades”.

Torrado lembrou que en contra das afirmacións do presidente da Xunta, a realidade é que logo de 10 anos de xestión, a Atención Primaria ten 1.249 profesionais menos, de acordo cos Orzamentos da Xunta. Ademais, hai 150 prazas MIR sen pedir, non aumentaron as prazas de Pediatría, en 7 anos só convocaron 11 prazas de fisioterapeuta e nin sequera trataron a incorporación de psicólogos e traballadores sociais.

Advertiu que Galicia ten a terceira peor ratio de pacientes por profesional de medicina e enfermería de España e a sanidade pública galega é ademais a terceira peor valorada polos usuarios que padecen a caída da calidade asistencial consecuencia dun sistema “explotador”. Lembrou así as condenas xudiciais contra o Sergas por contratación fraudulenta, por uso torticeiro do sistema de contratación e a saturación dos profesionais, con só 3 minutos por paciente.

Torrado criticou a “falla de modelo” sanitario do PP, que “hoxe defende o que onte criticaba”, como é o caso da retirada da taxa de reposición, que “logo de votar ata 6 veces en contra, hoxe din que o problema é que Pedro Sánchez non quere retirala”. Acusou ao Goberno galego de “regatear, a ver se mañá xurde outro problema e vamos de bombeiros a resolvelo”.

Ademais, criticou a falla de previsión da Xunta, que logo de 10 anos sen tomar ningún tipo de decisión “atopáronse cun problema de falla de persoal polo elevado número de xubilacións” que, ironizou, deberan ter previsto porque “normalmente a xente cumpre cada ano un ano máis”.

Sinalou o caso da área de Pontevedra – O Salnés, onde houbo casos como O Grove, onde houbo días cun só médico atendendo o cupo de 6 profesionais nunha zona de alta carga de poboación en verán polos turistas que, dixo, “de repente deberon de aparecer no Salnés”, mentres a Xunta obviaba que é a área que máis poboación acumula no verán.

O parlamentario socialista reclamou “un modelo novo que poña ao paciente no centro do sistema, que sexa multidisciplinar, que lle dea resposta aos problemas e non sature aos hospitais”. Solicitou un plan de choque para a mellora da atención primaria “atendendo ás demandas dos colectivos profesionais, especialmente os referidos á dimensión dos cadros de persoal e a calidade das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sistema público de saúde de Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28