Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero conclúe que a planificación económica da Xunta para 2021 “veuse abaixo” coa terceira onda: “Propoñemos un plan de rescate para milleiros de negocios aos que se lle pon o candado”

O líder socialista chama á Xunta a non “escudarse” en concellos e deputacións para ocultar o seu “suspenso” e “ausencia” na protección dos sectores máis afectados

O secretario xeral propón que “cada vacina recibida sexa unha vacina usada” de xeito áxil, e pide á Xunta responsabilidade

Santiago, 15 de xaneiro de 2021. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu amosar hoxe a súa “man tendida” para “dialogar” e “cooperar” co goberno galego ante esta terceira vaga da covid, á vista da evolución que está tendo tanto no número de contaxios como na presión asistencial en Galicia.

“Estamos moi preocupados e tendemos a man para colaborar nos momentos difíciles”, subliñou Gonzalo Caballero nun encontro cos medios de comunicación, consciente de que goberno e oposición teñen que actuar “con corresponsabilidade” cando o que se trata é de “sacar adiante Galicia”.

Precisamente por iso, como explicou, o PSdeG non vai “entrar nun pimpampum” entorno ás restricións decididas pola Xunta, posto que só xeraría “máis confusión e máis tensión” nuns momentos que requiren o contrario, pero si seguirá nunha liña de “propostas” sobre as cuestións que requiren os galegos e as galegas.

Así pois, Gonzalo Caballero puxo o foco na necesidade de “protexer ás persoas” e, ao fío diso, indicou que a planificación económica e orzamentaria da Xunta para 2021 “xa se veu abaixo” ao non prever medidas suficientes para o “rescate” dos “milleiros de negocios” aos que o goberno galego vén de poñer “un candado”.

“Non existe ningún mecanismo para salvar e rescatar a tantos milleiros de negocios que se ven agora terriblemente afectados polas restricións á mobilidade e a interacción social”, incidiu o líder do PSdeG, quen fixo fincapé na necesidade de “replantear a programación económica” da Xunta cara eses sectores.

Ao respecto, recordou que o pasado ano a Xunta só deu 22 millóns de euros en axudas a autónomos e microempresas a pesares de que o goberno de España destinou a Galicia 224 millóns para a reactivación, e deixou claro que esa situación non pode repetise en 2021. “A Xunta non pode seguir ausente”, advertiu.

Sobre esta cuestión, Gonzalo Caballero criticou que o PP rexeitara esta semana a emenda do PSdeG para incrementar en 62 millóns de euros as axudas á hostalería e aos autónomos, e preguntouse “por que non hai xa en marcha un programa de protección para axudar aos negocios que están pechando”.

“SUSPENSO” EN AXUDAS

É máis, o máximo dirixente dos socialistas galegos sinalou ao goberno galego que “non pode tentar escudarse agora nas deputacións e nos concellos” para ocultar o seu “suspenso” en materia de axudas, porque as finanzas das entidades locais están “moi debilitadas” e “non recibiron fondos extra” a pesares de asumir “moitas” das competencias da Xunta neste tempo de covid.

En cambio, recordou, a facenda autonómica recibe do goberno de España para os orzamentos de 2021 máis de 1.100 millóns de euros extraordinarios procedentes tanto das arcas estatais como dos fondos comunitarios.

Así as cousas, ante unha primeira parte do ano que “vai ter moita complexidade”, Gonzalo Caballero requiriu á Xunta que “abandone a confrontación” co goberno de España e que traballe nas súas competencias, “fortalecendo” a atención primaria, “mellorando” o sistema de rastrexo do virus, “atendendo” aos sectores económicos afectados e “acelerando” a campaña de vacinación.

“Temos que protexer a saúde e salvar a economía”, profundou, e reclamou a Feijóo que “rectifique” á hora de afrontar esta crise “en clave de PP” no canto de buscar acordos cos grupos da oposición.

PLAN DE VACINACIÓN

Finalmente, o responsable do PSdeG destacou que as vacinas son “a mellor garantía” para protexer a saúde e o frear o deterioro económico e por iso pediu que “non se queden gardadas nos conxeladores do Sergas” senón que se poñan con “axilidade”.

“Que cada vacina recibida sexa unha vacina usada”, recalcou Gonzalo Caballero, antes de sinalar que “Feijóo sabe que se están distribuíndo en función dos criterios pactados no consello interterritorial de sanidade”.

“Feijóo xa errou cando dixo que non habería vacina ata o segundo trimestre do ano e dicía que programar a vacinación para principios de 2021 eran anuncios altisonantes do goberno. Agora ten que deixar a confrontación gratuíta”, recordou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28