Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista chama á Xunta a contratar máis persoal para acelerar a aplicación das vacinas contra a covid

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, reclamoulle hoxe á Xunta que reforce a contratación de persoal de Enfermaría encargado de aplicar as vacinas contra a covid. O responsable socialista chamou a reforzar os equipos de cara á chegada das novas vacinas de Moderna, AstraZéneca ou Johnson & Johnson, que permitirán acelerar o ritmo de aplicación das doses.

Dixo que “é o momento de contratar máis profesionais para os meses que veñen”, máis alá dos 207 traballadores e traballadoras encargados do proceso de vacinación que, dixo, “sempre puidera ser maior”, e lembrou que actualmente “por cada 4 enfermeiras que vacinan o Sergas dispón dun cura”. Chamou a reforzar o persoal para “vacinar a todos e todas e tamén o antes posible”, para non replicar a situación das dúas primeiras semanas.

Sinalou que “hai que estar dispoñibles e preparados para que non volva ocorrer que na primeira semana con máis vacinas non sexamos quen de vacinar máis rápido”, e pediu que “se non tanto como 24 horas os 7 días, si algo máis que de 9 a 3 e parando as fins de semana”.

Explicou que o Sergas “sabe cando, como, onde e por que van chegar as vacinas” e apelou a “non xerar incertidume entre a poboación con “declaracións que son para a galería cando non estamos para iso”.

Apelou neste sentido ás críticas do presidente da Xunta pola chegada das vacinas a Galicia a través de Portugal logo de que participaran e avalaran sen ningún tipo de queixa no grupo de traballo que acordou o Plan de Vacinación Estatal e no Comité Interterritorial que o aprobou o pasado 23 de decembro. “En vez de preocuparse de que as vacinas cheguen a Galicia vía Portugal, deberan preocuparse de que as empresas galegas se vaian a Portugal, como Zendal”, remachou.

O responsable socialista confesouse “empachado” logo do “debate partidista dalgúns presidentes autonómicos que a micro pechado non discuten os criterios e están de acordo co sistema de distribución” pero o discuten “de cara á galería”. Dixo que “a todo o mundo lle gustaría que o ritmo fora maior, pero a UE ten contratado menos vacinas do que quixeramos nun primeiro momento para ter un acordo mellor a medio e longo prazo”.

Rotura de stock

Julio Torrado explicou que malia que Galicia está “ben posicionada” na aplicación das vacinas grazas á “colaboración entre as administracións”, sinalou que “sempre é posible facelo mellor”, sinaladamente nos índices de vacinación por 100.000 habitantes e no comezo do proceso máis ralentizado.

Chamou a que “o noso ritmo sexa como o de Asturias ou Valencia”, e apuntou que “se hoxe non hai risco de rotura de stock, tampouco o había hai 15 días, cando a Xunta freou a vacinación apelando a unha suposta carencia das segundas doses que “cae polo seu propio peso”.

Torrado reclamou ademais campañas máis activas por parte da Xunta para chamar a vacinar e rebaixar a porcentaxe de rexeitamento das vacinas. Finalmente, explicou que a recente sentenza obrigando a unha familia a permitir a vacinación dunha persoa maior ingresada nunha residencia “demostra que se pode obrigar a vacinar, polo que non é necesario modificar a Lei de saúde como plantexa o PP para obrigar a vacinar por completo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28