Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero compromete que un Goberno progresista “cumprirá con Lugo” nas “asignaturas pendentes” do Plan Paradai, a Ronda Leste ou o Museo da Romanización que Feijóo “ten no caixón”

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, visitou hoxe Lugo acompañado da alcaldesa, Lara Méndez, e comprometeu que o goberno progresista que saia das urnas o vindeiro 12 de xullo “cumprirá” con esta cidade, abordando os proxectos que Feijóo “ten no caixón”.

De feito, recordou que no pasado mes de marzo fixera pública unha folla de ruta “compartida” coa alcaldesa para traballar a prol de Lugo, “cumprindo aquilo que Feijóo non fixo en 11 anos de goberno”. “Quero manter eses compromisos, revitalizalos e fortalecelos”, remarcou, aludindo así a “asignaturas pendentes” como o Plan Paradai, a Ronda Leste, o Museo da Romanización e a conexión co AVE.

“Son compromisos políticos que asumo a titulo persoal como líder dos socialistas galegos, e son compromisos cos que imos cumprir dende o Consello de Goberno da Xunta de Galicia”, engadiu Gonzalo Caballero.

Ademais, o máximo dirixente do PSdeG aproveitou para poñer en valor o traballo feito pola alcaldesa durante a crise da covid, toda vez que “estivo a carón da cidadanía dende o primeiro momento” paliando a “ausencia” da Xunta. “Mentres noutras comunidades se tomaron medidas como as axudas directas aos comercios e ás tendas, como tamén se fixo en Lugo, Feijóo non quixo”, lamentou.

Neste senso, Gonzalo Caballero asegurou que o Concello de Lugo foi “unha referencia” á hora de poñer en marcha medidas para axudar aos veciños a afrontar a recuperación. “Quero agradecer a Lara Méndez o seu compromiso ao servizo dos veciños e das veciñas de Lugo”, resaltou.

“UN CAMBIO CON GARANTÍAS”

Agora, coas eleccións convocadas para o 12 de xullo pola decisión “persoal e personalista” de Feijóo, o candidato socialista chamou a “reactivar o impulso de cambio” que xa existía en marzo para “dar a Galicia un cambio no que pode confiar”.

“Un cambio con garantías para liderar unha etapa de progreso á fronte da Xunta, que poida estar en sintonía co goberno de España e cos principais gobernos municipais de Galicia”, apostilou Gonzalo Caballero.

“SEGUIR CRECENDO”

Pola súa banda, Lara Méndez sinalou que os proxectos de Lugo que “seguen pendentes” da Xunta “non nos permiten xerar novas necesidades na cidade para seguir crecendo”. “E necesitamos avanzar”, engadiu a alcaldesa, para poñer en valor o “compromiso” de Gonzalo Caballero de apostar por la cidade da Muralla.

Ademais, contrastou como a acción do goberno municipal, que destinou case un terzo do seu orzamento a políticas sociais para combater os efectos da pandemia e que tomou medidas para apoiar aos pequenos negocios e comercios da cidade, coa falla de compromiso da Xunta.

“Tivemos un presidente da Xunta ausente. Nin unha soa chamada, nin unha soa preocupación de como iamos atendendo a situación dos nosos veciños”, recriminou, consciente de que o presidente do goberno si deu “interlocución” aos presidentes autonómicos con carácter semanal.

“Pero Feijóo o único que buscou foi a confrontación en vez de tender a man para sumar”, lamentou a alcaldesa, crítica coa “ausencia” de Feijóo nas relacións coas cidades galegas “durante todos estes meses”. “E creo que era o que cumpría neste momento tan difícil”, engadiu.

Fronte a este xeito de proceder, a rexedora lucense agradeceu a Gonzalo Caballero a “implicación persoal” e a “altura de miras” que está tendo ao longo da crise da covid, “preocupado polas cidades, polo territorio… en definitiva, polas persoas”. “Quero agradecer esa implicación persoal, que vai máis alá da implicación política”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06