Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “Danse todas as condicións para que o 12X haxa un cambio que permita abrir unha senda de progreso e prosperidade

O candidato socialista á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe na tribuna telemática de Nueva Economía Fórum para presentar o proxecto que encabeza, que busca dar a Galicia unha reconstrución baseada na aposta polo estado de benestar, por unha nova política económica e industrial e pola vertebración do territorio.

“Danse todas as condicións para que o vindeiro 12 de xullo haxa un cambio que permita abrir unha senda de progreso e de prosperidade en Galicia”, asegurou o líder dos socialistas galegos, convencido de que “o cambio será imparable” se “a maioría progresista” que se amosou nas distintas convocatorias electorais ao longo do pasado ano acude ás urnas.

Ademais, Gonzalo Caballero vaticinou que así será, porque a cidadanía sabe que é necesario “corrixir” a senda de recortes nos servizos públicos e a falla dunha verdadeira política económica que se ten amosado nesta última década. Era algo evidente, sinalou, antes da aparición do coronavirus, que agora faise aínda máis patente á vista da crise social e económica derivada da pandemia.

“As nosas receitas son hoxe máis necesarias que nunca”, reivindicou o máximo dirixente do PSdeG, quen destacou que “a defensa do estado do benestar é fundamental”. A modo de exemplo, puxo sobre a mesa que “a sanidade pública non é só unha cuestión de xustiza social, senón tamén unha garantía colectiva”, e lamentou que a covid atopara a Galicia cun sistema “debilitado”.

De feito, Gonzalo Caballero denunciou que a etapa de Feijóo na Xunta supuxo o recorte de máis de 2.000 millóns de euros na sanidade pública galega, o peche dun millar de camas de hospital e a precarización do emprego sanitario. En contraposición, recordou que o goberno liderado por Emilio Pérez Touriño aumentara a inversión na sanidade para reverter o déficit que deixara Fraga de 400 millóns de euros.

Ao fío diso, o candidato socialista á Presidencia da Xunta subliñou que “nós temos un compromiso clarísimo cos servizos públicos” e coa construción dun “escudo protector para a cidadanía máis vulnerable”. Nese senso, afirmou que as políticas “inclusivas” postas en marcha polo goberno de España son “unha referencia” fronte á “máquina de recortes” que foi a Xunta con Feijóo.

No que atinxe ao eido económico, Gonzalo Caballero apuntou que, antes da chegada do virus, destruíranse en Galicia 70.000 postos de traballo. “Necesitamos unha nova política económica e industrial”, recalcou, á vista de que “a gran medida” de Feijóo foi o anuncio dunha ducia de buques de Pemex que se concretou en “dous, un deles paralizado no estaleiro de Barreras”.

Tamén require un cambio Galicia, segundo as súas palabras, no relativo á cuestión territorial. “Falta apoio”, indicou, “á Galicia interior”, nun momento no que a nosa comunidade presenta “os peores datos demográficos de España” e no que os sectores primarios non atopan respostas aos seus problemas; e falta tamén “conexión” coas sete cidades galegas, nas que o PP carece de apoio electoral.

“FEIJÓO NON QUERE CAMPAÑA”

Neste escenario, Gonzalo Caballero sinalou que Feijóo “non quere que haxa campaña” para non ter que dar contas da súa xestión ao longo de máis dunha década, e tamén durante a crise da covid, nun contexto no que “o 60% dos galegos queren un cambio”.

Canto á covid, relatou como se destituíu á xefa de servizo de Cirurxía Plástica e Reparadora do complexo hospitalario de Vigo por denunciar a falla de equipos de protección para os facultativos ou como os principais focos de contaxios en Galicia, unha comunidade na que o virus circulou pouco, se rexistraron nas que son competencias da Xunta: as residencias de maiores e os profesionais sanitarios.

Por iso, o líder do PSdeG desdeñou “o relato” que tenta vender Feijóo de que soubo anticiparse á pandemia, posto que foi o confinamento decretado polo goberno de España cando en Galicia había un número moi baixo de afectados o que impediu que o virus se estendera.

Do mesmo xeito, sinalou que tampouco “a imaxe” de moderación que Feijóo busca ofrecer se corresponde coa realidade. “Nun momento no que a dereita perdeu a responsabilidade que lle era esixible, Feijóo estivo totalmente involucrado nesa estratexia partidaria de acoso e deslealdade co goberno de España”, reprobou, recordando como xa o 3 de maio pedira a retirada do estado de alarma.

“Feijóo é PP en vena, como Casado, como Ayuso”, advertiu Gonzalo Caballero, quen evocou como tamén Gallardón “aparentaba moderación” a pesares de representar “á dereita máis reaccionaria”.

PACTO POLA RECONSTRUCIÓN

Así pois, Gonzalo Caballero finalizou formulando “un gran pacto pola reconstrución de Galicia” que porá en marcha se é presidente da Xunta tralo día 12 de xullo.

“Xa llo dixen a Feijóo no Parlamento, pero non quixo buscar un acordo”, recordou o secretario xeral do PSdeG, partidario de “construír o futuro” entre as distintas forzas políticas, os axentes sociais (sindicatos e patronal) e o poder municipal.

INTERVINTES

Tamén interviñeron nesta tribuna dixital o secretario de Organización do PSOE e ministro de Transportes, José Luis Ábalos; o alcalde de Vigo e presidente da FEMP, Abel Caballero; e o presidente da Junta de Extremadura e do Consello de Política Federal do PSOE, Guillermo Fernández Vara.

Pola súa banda, Ábalos puxo en valor a inversión do goberno de España en Galicia e lamentou que “la deslealtad” impida “sacar provecho” dela, polo que apostou por “un cambio” en Galicia. “Galicia tiene que pasar a un momento distinto, a una senda de sintonía con la política nacional”, defendeu, toda vez que “las administraciones no pueden ser trincheras para llevar adelante proyectos partidistas”.

En paralelo, Abel Caballero resaltou tamén a importancia dun cambio á fronte da Xunta para “traballar a carón do municipalismo galego” de cara a recuperación económica e social. Sobre todo, como sinalou, porque nos case tres meses que pasaron dende a declaración do estado de alarma non recibiu unha soa chamada nin de Feijóo nin de ningún dos seus conselleiros, a pesares de ser o alcalde da maior cidade de Galicia.

Finalmente, Fernández Vara destacou a relevancia das políticas pensadas para as persoas, como as que propón o Partido Socialista, e puxo en valor o compromiso cos servizos públicos e coa “prosperidad” dos distintos territorios.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04