Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a “non deixar ningún voto na casa” porque “somos a barreira de protección dos dereitos e das liberdades”

Pedro Sánchez promete que na próxima lexislatura recoñecerá “el derecho a la eutanasia y a la muerte digna” e garante que seguirá loitando contra a explotación laboral

A Coruña, 10 de marzo de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe na Coruña nun acto público co presidente do goberno, Pedro Sánchez, dende onde fixo unha apelación a “non deixar ningún voto na casa” porque “somos a barreira de protección dos dereitos e das liberdades”.

Fronte ás “tres papeletas da peor dereita dirixida por Aznar”, os socialistas –proseguiu Gonzalo Caballero- representamos dende hai 140 anos “a loita pola igualdade e por uns servizos públicos de calidade”. Así é, continuou, que o goberno de Pedro Sánchez fixo en oito meses o que o PP non fixera en anos de goberno: “subiu as pensións, o salario mínimo e os soldos públicos, aumentou a protección social dos autónomos, universalizou a sanidade…”.

“É o modelo de progreso social que queremos para o país”, recalcou o líder dos socialistas galegos, fronte á dereita que en Galicia dirixe Feijóo e que “deixa menos xente, menos mozos, unha sanidade pública ferida de morte e menos posibilidades de futuro”. Iso si, sinalou que “a Galicia que a dereita pintou en branco e negro é un país que se empeza a mover e a encher prazas para pedir unha sanidade pública de calidade e igualdade real entre homes e mulleres”.

“Galicia xa pide un cambio”, proclamou o secretario xeral do partido nunha terra “con pensións máis baixas que a media e cunha fenda salarial máis grande entre homes e mulleres” que no resto do Estado, e tampouco se esqueceu da defensa dos traballadores neste Día da Clase Obreira Galega.

“A DEREITA PERDEU UN RUMBO”

Ademais, Gonzalo Caballero puxo en valor o traballo posto en marcha por Pedro Sánchez “para recuperar o espazo político da esquerda” e, posteriormente, “dicir non a un goberno inundado de corrupción”.

A partir de aí, recordou, “a dereita perdeu o norte e o rumbo” e o PSOE converterase en primeira forza nas vindeiras eleccións xerais e municipais.

“DECIDIMOS ENTRE UN PAÍS QUE AVANZA Y UN PAÍS QUE RETROCEDE”

A continuación, o presidente do goberno, que pechou o acto ante unhas 2.000 persoas, sinalou que o que está en xogo o vindeiro 28 de abril é “un país que avanza o un país que retrocede”. “Movilicémonos por esa España que quiere avanzar”, arengou, partidario de construír “un país en el que quepamos todos”.

E, tras lamentar que á dereita “le molestan las políticas sociales” que puxo en marcha o seu executivo, Pedro Sánchez avanzou que a próxima lexislatura recoñecerá “el derecho a la eutanasia y a la muerte digna” para seguir avanzando. “Seguiremos trabajando por las muchas conquistas sociales que las derechas han impedido”, prometeu.

Tamén seguiran, dixo o secretario xeral do PSOE, as políticas de loita contra a explotación laboral, incluída a derrogación da reforma laboral do PP.

E non se esqueceu do “compromiso con Galicia” do seu gabinete, que concretou en cuestións clave como a chegada do AVE no tempo comprometido ou as medidas a prol da mellora do sector industrial.

“UN PAÍS  MÁIS XUSTO”

Pola súa banda, a secretaria local do PSOE da Coruña, Eva Martínez Acón, chamou a “mobilizarnos” para revalidar a través das urnas “un país máis xusto, máis igualitario, máis aberto” frente ao modelo de “regresión” que outros queren impoñer.

“Xogámonos moito”, enfatizou o secretario provincial e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, quen chamou a “mandar ao trío de Colón ao lugar de onde nunca debeu saír”.

No acto tamén tomou a palabra Inés Rey, a candidata socialista á alcaldía da Coruña, quen preveu tamén contra “o trío conservador” e comprometeu todo o traballo para manter a Pedro Sánchez á fronte do goberno de España. Iso si, advertiu ao presidente do grande número de peticións que lle fará chegar despois das eleccións locais.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

O PP négase a apoiar no Parlamento unha proposta socialista pedíndolle á Xunta unha “reacción política” para impulsar a atención ás drogodependencias e reforzar a loita contra o narcotráfico

Paloma Castro advirte que o goberno galego está a incumprir o acordo parlamentario para asumir a xestión das Unidades de…

08/05/2024 11:00

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33