Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero chama a configurar “un escudo protector” para que “ninguén quede abandonado” pola crise do coronavirus

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, chamou hoxe a configurar dende o eido público “un escudo protector” que sirva para que “ninguén quede abandonado” como consecuencia da crise do coronavirus, con medidas nos ámbitos sanitario, social e económico.

Así o dixo na súa intervención na Deputación Permanente, que comezou cunha mención ás persoas falecidas a causa deste virus e tamén para os que están contaxiados. “É o momento de estar a carón de quen sufre e de quen atravesa dificultades”, recalcou o líder socialista.

A continuación, puxo o foco naqueles que “co seu traballo, permiten que o país siga” adiante, e dedicou “o noso recoñecemento” ao persoal sanitario e a quen traballa nos servizos sociais. Gonzalo Caballero tivo palabras tamén para os galegos que se atopan confinados, ao tempo que enviou unha fonda aperta aos milleiros de maiores que atravesan esta situación en soidade.

Dito isto, o máximo dirixente do PSdeG sinalou que “preocúpannos as persoas” e as consecuencias da propagación do coronavirus tanto a nivel sanitario como económico. Así é que demandou “traballar en clave de futuro” para palialas despois de apuntar que “ninguén tivo a capacidade” de anticiparse á situación que estamos vivindo.

Coa óptica de que a lección que extraemos desta crise é a importancia do estado do benestar e dos servizos públicos, Gonzalo Caballero chamou a fortalecer a sanidade pública con máis recursos humanos, materiais e infraestruturas. Por iso, avogou por dar “contratos estables” ao persoal sanitario, deixando atrás o sistema “precario” das listas.

“É necesario un cambio, e agora é o momento”, recalcou o líder dos socialistas galegos, quen requiriu tamén ao goberno galego máis persoal e máis protección para as residencias de maiores e de persoas con diversidade funcional e artellar mecanismos de axuda para os nenos de familias en situación de vulnerabilidade e que antes acudían aos comedores escolares.

MÁIS MEDIDAS

En paralelo, pediu medidas no ámbito económico, en liña co plan de acción “histórico” aprobado polo goberno de España que supón mobilizar unha cantidade equivalente ao 20% do PIB do país. “O feito en Galicia quédase curto”, evidenciou, e chamou a empregar niso fondos europeos.

Finalmente, Gonzalo Caballero pediu “máis material e en mellores condicións” para os concellos, por seren os encargados de xestionar boa parte das políticas sociais.

“UNHA SAÍDA ENTRE TODOS”

Así as cousas, tras reclamar da Xunta “unha resposta integral” fronte ao virus que teña en conta todos estes aspectos, o secretario xeral do PSdeG manifestou “a lealdade” do seu partido tanto co goberno de España como co galego para traballar na dirección de que “ninguén quede na cuneta”.

“Temos que acadar unha saída colectiva, entre todos, para gañar a batalla fronte ao coronavirus”, concluíu Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41