Categorías: #12XSecretaría Xeral

Gonzalo Caballero anuncia un goberno da Xunta “feminista e paritario” e comprometido coa Memoria Histórica

Carmen Calvo apunta que “Galicia solo puede caminar en serio cuando apoya a la mitad de la población que son las mujeres”

A vicepresidenta do Goberno pide o apoio a Gonzalo Caballero, e sinala a “cualificación más que sobrada y pasión por su tierra” para exercer como futuro presidente do Goberno

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, anunciou hoxe un “goberno feminista e paritario” cunha “Consellería de Igualdade con rango de Vicepresidencia”. Así o dixo nun acto electoral xunto coa vicepresidenta primeira do goberno e ministra de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática, Carmen Calvo.

O líder dos socialistas galegos quixo contrapoñer o futuro goberno socialista da Xunta de Galicia, que será “feminista e paritario”, co actual executivo, conformado por 7 homes e 5 mulleres. Dixo que o seu goberno levará adiante as demandas do movemento feminista galego, conformando entre outras cousas unha rede de vivendas para mulleres vítimas de violencia machista en cada cidade de Galicia.

Comprometeuse tamén a reforzar a maltreita rede de Centros de Información á Muller con presenza en tódalas bisbarras de Galicia, así como cun plan para traballar contra a fenda salarial. Pediu apoio para un goberno que teña como obxectivo “fortalecer a igualdade” e que sexa “referencia na loita polo feminismo e pola igualdade real de homes e mulleres”.

Defendeu un “goberno feminista para ter o compromiso claro coas mulleres do noso país” e para apoiar ás mulleres fronte á crise económica, xa que son “as que máis sofren e as que quedan na posición máis rezagada na reconstrución e a recuperación”.

Gonzalo Caballero reivindicou ademais o papel dos socialistas galegos á hora de impulsar “tódalas medidas para recuperar Meirás, para que un símbolo do expolio franquista volvera ao ámbito do público”. Fronte á ministra da Memoria Democrática lembrou os encontros co daquela director xeral da Memoria Histórica, Fernando Martínez, para preparar a folla de ruta do Estado na recuperación do inmoble.

Lembrou o desleixo amosado polo goberno de Rajoy, que non quixo tomar ningunha medida para recuperar o antigo pazo de Emilia Pardo Bazán. Tivo que chegar o goberno de Pedro Sánchez, dixo, para iniciar as decisións xudiciais grazas ao “traballo moi serio da avogacía do Estado e da secretaría de Estado da Memoria histórica” para fixar o rumbo para a recuperación do monumento.

Carmen Calvo

A vicepresidenta primeira do Goberno, Carmen Calvo, defendeu as xestións do goberno para recuperar Meirás e que o patrimonio público recupere esta “propiedad de la que tienen que sentirse orgullosos los gallegos” y que fue “fruto del expolio del franquismo”. Calvo situou de feito a Pardo Bazán xunto con Concepción Arenal e Rosalía de Castro como “tres faros de Galicia imprescindibles para entender la historia del feminismo”.

Salientou que os socialistas “somos un partido que apoya y da soporte a las propuestas del movimiento feminista”, e advertiu que “Galicia solo puede caminar en serio cuando apoya a la mitad de la población que son las mujeres”. Ratificou hoxe o “apoyo decidido a la calidad de los derechos, la protección de las libertades y la política feminista que demanda la democracia en cualquier lugar del mundo”.

Calvo reivindicou o papel das “mujeres socialistas poderosas, comprometidas con la política entendida como gestión y ejercicio de la responsabilidad, que mientras para otros es propaganda, para este partido es esfuerzo, esfuerzo y esfuerzo”.

A responsable socialista pediu o apoio á candidatura que representa Gonzalo Caballero, e sinalou a “cualificación más que sobrada y pasión por su tierra” para exercer como futuro presidente do Goberno. Salientou a “lealtad demostrada en tiempos difíciles, incluso cuando el gobierno de Galicia escogió confrontar con el gobierno de España”.

Reivindicou o papel de Caballero como “un presidente de la Xunta que no tire balones fuera, que no busque atajos y que asuma sus compromisos con eficiencia y transparencia”. Defendeu un proxecto para Galicia “sin confrontar, para salir todos juntos para afrontar los retos de futuro, para que Galicia se acompase a la hora de España”.

Nunha alusión á xestión de Feijóo, puntualizou que “gobernar no es buscar propaganda y eludir responsabilidades, sino hacer como el presidente Sánchez, es asumir la responsabilidad y tomar decisiones con valentía y sentido del Estado” para acadar unha saída da crise inclusiva, porque “no es un sálvese quien pueda”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06