Categorías: #12XActualidade

Gonzalo Caballero sinala que Feijóo “perdeu o sentido común” ao decretar un confinamento na Mariña de só cinco días: “A saúde é o primeiro, e a xente está indignada”

O líder dos socialistas galegos, Gonzalo Caballero, desprazouse hoxe ata Lugo, dende onde advertiu que “Feijóo está perdendo o sentido común e o respecto a Galicia”. Así o dixo logo de lembrar que o presidente da Xunta garantiu a normalidade cando convocou as eleccións “de forma unilateral”.

“Cando a Xunta decretou o Estado de Emerxencia Sanitaria en Galicia había 112 contaxiados, e hoxe hai máis de 250”, resumiu Caballero para advertirlle ao candidato do PP que “quen queira xogar coa saúde dos galegos e das galegas que non conte con nós”. Reclamoulle ao presidente da Xunta que compareza no Parlamento para explicar o retraso nas decisións de protección contra o virus.

Gonzalo Caballero amosou a súa sorpresa por que o presidente da Xunta, logo de comparecer na TVG cada 3 días para pedir a retirada do Estado de Alarma e recuperar as competencias en materia sanitaria, cando por fin dispón delas o que fai é aprobar un decreto no DOG no que declara autoridade sanitaria a uns concellos que carecen de competencias en sanidade e que algúns nin sequera dispoñen de Policía Local.

Sinalou que “non quero pensar que o presidente da Xunta queira minimizar o risco sanitario do que ocorre na Mariña para manter o relato da súa xestión ou da data electoral que marcou” e que hoxe está “en cuestión”. Criticou así a decisión de confiar á Mariña durante 5 días, ata a xornada de reflexión, e que algúns alcaldes están contestando “temendo que ao luns seguinte decrete un confinamento máis duro”.

Advertiu que “cando di que os 2.000 galegos que están illados á espera de realizar un PCR poden saír votar o domingo está poñendo en risco tódalas recomendacións das autoridades sanitarias, dos expertos epidemiolóxicos e da propia OMS”. Lembrou que os informes sanitarios que esgrimira a Xunta para convocar as eleccións “advertían dun posible rebrote en xullo, e Feijóo non o quixo atender”.

Alertou da “indignación crecente” na Mariña e sinalou que “hai que ser moi responsables, moi transparentes e o presidente da Xunta ten que comparecer para dar conta do que ocorre e dos seus plans de actuación”. Advertiu que “a saúde dos galegos é prioritaria, e ningún voto, ningunhas eleccións e ningún goberno están por enriba da saúde dos galegos e das galegas”.

O secretario xeral do PSdeG ofreceu a “man tendida” ao presidente da Xunta “para saír desta situación”, pero advertiu que “estamos preparados para darlle a Galicia un goberno de progreso que poña á saúde pública como prioridade. Sinalou que “logo de tantos anos de recortes é necesario poñer á fronte da Consellería de Sanidade un novo equipo de profesionais e de xestores comprometidos coa sanidade pública”.

Anunciou que mantén “contacto continuo” co Comité de Expertos en materia sanitaria do PSdeG, coordinado pola ex conselleira María Xosé Rubio e coa presenza de quen foi director xeral de Saúde Pública nos gobernos de Pérez Touriño e de González Laxe. Un comité que, dixo, “nos está aconsellando nesta crise dende o momento en que se detectaron os primeiros casos de contaxio”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24