Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero abre a campaña pedindo o voto para o PSOE a todos os galegos: “O voto útil fronte ao risco da ultradereita”

O secretario xeral fai un chamamento á “mobilización masiva” a pesar de que “o vento sopra a favor”, pois “o retroceso só se evitará co voto ao PSOE”

Santiago, 12 de abril de 2019. O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, participou hoxe en Santiago na tradicional pegada de carteis que marca o inicio da campaña electoral pedindo o voto para o PSOE, “o partido que encarna o compromiso cunha sociedade máis xusta”.

O líder dos socialistas galegos puxo así de manifesto a relevancia da política social posta en marcha polo goberno liderado por Pedro Sánchez nos últimos dez meses, nos que a aposta foi polo “progreso” e polo “avance” en materia de “dereitos e liberdades” e de protección social.

“Para seguir progresando, para defender o sistema público de pensións, para fortalecer o estado do benestar, para dar dereitos á clase traballadora, para garantir servizos sociais que dean igualdade de oportunidades, para manter o avance en liberdades de anteriores gobernos socialistas, para apostar polos dereitos das mulleres…”, enumerou Gonzalo Caballero, desde o convencemento de que o proxecto que lidera Pedro Sánchez “é positivo para a maioría da cidadanía”.

Por iso, o secretario xeral abriu a campaña “con toda a ilusión e con toda a forza dun partido revitalizado” que está disposto tamén para advertir a toda a cidadanía do que pode implicar un “susto” como o que levou Andalucía, onde a dereita selou un pacto de goberno coa ultradereita.

“Non nos confiemos”, apelou Gonzalo Caballero, quen fixo un chamamento á “mobilización masiva” a pesares de que “o vento sopra a favor”, posto que “o retroceso” que implicaría a chegada da ultradereita ao goberno de España “só se evitará co voto ao PSOE”.

“Nesta ocasión é máis necesario que nunca o voto ao PSOE”, concluíu o máximo dirixente do PSdeG, quen sinalou que “fronte ás mentiras do PP e de Feijóo, cun nivel de irresponsabilidade histórico, aos galegos e ás galegas vailles ben cun goberno socialista que sube as pensións e o salario mínimo”. “Esas son as demandas da Galicia real, fronte á estratexia de confusión e irrealidade na que nos quere facer vivir Feijóo”, sentenciou Gonzalo Caballero.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08