Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero: “A mellor homenaxe ás vítimas da covid é fortalecer a sanidade pública e aclarar os falecementos nas residencias”

O candidato socialista destaca que “é momento de apoiar ás familias en momentos tan complexos” e de dar “información transparente” do ocorrido

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2020. O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, participou hoxe no acto de recordo ás vítimas da covid en Galicia e subliñou que “a mellor homenaxe que se pode facer é fortalecer a sanidade pública e aclarar os falecementos dos usuarios de residencias de maiores”.

“Hai que sacar leccións do ocorrido”, proseguiu Gonzalo Caballero, quen recordou a perda de máis de 600 vidas por mor da pandemia, e fixo fincapé en que temos que “aprender” do sucedido. “E temos que atender ás familias que piden claridade sobre que aconteceu cos maiores que perderon a vida nas residencias”, engadiu.

“Hai que reforzar os mecanismos de prevención, reforzar a sanidade pública, universal e gratuíta, e poñer en valor o traballo feito polos profesionais, sobre todo daqueles que estiveron en primeira liña”, remarcou, ao tempo que chamou a “seguir pendentes” ante a posibilidade dun rebrote nos contaxios.

Nesa liña, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “é momento de apoiar ás familias” das vítimas “en momentos tan complexos” e de “construír entre todos un país que defenda a sanidade pública e a información transparente”. Ademais, puxo o foco na importancia de “fortalecer” a área de saúde mental dentro do Sergas.

ESTADO DE ALARMA

Ao fío disto, preguntado polos xornalistas sobre o levantamento do estado de alarma, o líder do PSdeG subliñou que ese mecanismo foi “importantísimo”, toda vez que permitiu ao goberno de España decretar o confinamento para así evitar que o virus contaxiase a máis xente.

“O estado de alarma foi fundamental para gañar a batalla ao coronavirus”, incidiu, consciente do “erro” que supuxo que Feijóo pedise o seu levantamento o pasado 3 de maio. “Se o goberno de España lle fixera caso, a volta á normalidade podería tambalearse”, apostilou.

Por iso, Gonzalo Caballero valorou que o goberno de España “está marcando ben os tempos” con medidas como a de impedir a mobilidade entre comunidades con distintos niveis de contaxio. E, no caso de Galicia, chamou a “manter a prudencia” na desescalada para “non correr riscos” e evitar así “un posible retroceso”.

Canto á decisión de levantar o estado de alarma en Galicia, o máximo dirixente dos socialistas galegos indicou que cómpre “ver que se vai permitir facer e que non”. “Hai que ver que implica”, profundou, toda vez que “a clave” do paso a esa nova normalidade é coñecer en detalle as actuacións permitidas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08