Categorías: Secretaría Xeral

Gonzalo Caballero a Feijóo no Parlamento: “O seu discurso é unha falta de respecto á intelixencia dos galegos e das galegas; vostede minte”

O secretario xeral reduce a “encefalograma plano” a visión industrial da Xunta e lamenta que o presidente non condene as declaracións de Díaz Ayuso e Ortega Smith sobre a memoria histórica

Santiago, 9 de outubro de 2019. O presidente do Grupo Parlamentario Socialista, Gonzalo Caballero, reclamou ao presidente da Xunta que “faga autocrítica” do seu proxecto “esgotado” e que sinale “as deficiencias na súa xestión” tras os “graves retrocesos” que supuxeron para Galicia.

En concreto, o máximo dirixente dos socialistas galegos denunciou que o goberno de Feijóo “non tivo boa xestión económica, non tivo compromiso social e abandonou a centralidade política”. Por iso, esixiulle que vire o rumbo das súas políticas no ano que queda desta lexislatura.

Porén, atopou un presidente da Xunta “máis preocupado de buscar culpables que de atopar solucións aos problemas de Galicia, e que xa se puxo na oposición”, ata o punto de chegar a pedir explicacións ao líder da oposición. “É a mostra de que o seu proxecto está esgotado e de que o seu ciclo político chegou ao seu fin”, sinaloulle Gonzalo Caballero a Feijóo.

“ENCEFALOGRAMA PLANO”

No que atinxe ao plano industrial, o líder do PSdeG censurou que “o seu único discurso” baséase en “culpar ao goberno socialista” porque Feijóo carece de “planificación”. “Encefalograma plano”, resumiu a política industrial da Xunta.

Así pois, Gonzalo Caballero censurou que Feijóo “minta” acusando ao goberno de Pedro Sánchez de “pechar empresas”; e recordou as súas promesas “a bombo e platillo” sobre os buques que Pemex ía facer en Galicia. E daquela operación, recordou, o que queda é o preconcurso de acredores en Barreras.

Ao respecto, o dirixente socialista recordou que cando entrou Pemex en Barreras “dicían que o éxito de Barreras sería o éxito de Galicia e do goberno da Xunta; o preconcurso de acredores é a mostra do seu esgotamento e da súa incapacidade”.

“Pero vostede non se responsabiliza de nada”, recriminoulle o secretario xeral do PSdeG, quen recordou que ata foi quen de dicir que “non asumía ningunha responsabilidade” polo feito de que o goberno de Rajoy retrasase os encargos a Navantia Ferrol polo interese particular do ministro Morenés.

”ABANDONO DA CENTRALIDADE POLÍTICA”

Ademais, Gonzalo Caballero deixou patente na Cámara galega o “abandono” de Feijóo da “centralidade política” da que fala. “Só actúa como executor das políticas dun PP botado á ultradereita”, evidenciou.

Así mesmo, afeoulle que non “rectifique” as palabras da presidenta da Comunidade de Madrid sobre a “queima de igrexas” cando se anunciou a retirada do ditador do Val dos Caídos, ou o seu apoio aos pactos do PP cunha forza de ultradereita que difamou sobre as Trece Rosas e a memoria histórica.

No peche do debate, ante os ataques de Feijóo, Gonzalo Caballero concluíu: “Non son o secretario xeral do Partido Socialista que a Feijóo lle gustaría, quedo máis tranquilo”. Ademais, pediulle que “poña a Galicia por riba dos intereses de Casado e do PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41