Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

G. Caballero alerta de que a Xunta só destinou a sanidade o 42% do fondo covid e deixou sen gastar o 30% do fondo en 2020 “mentres pecha consultas de atención primaria”: “As políticas sanitarias do PP en Galicia son nefastas e calamitosas”

O voceiro parlamentario do PSdeG lamenta que as cifras de execución deste fondo extraordinario do Estado estean en Galicia moi por debaixo do conxunto do Estado onde se deixou sen gastar o 14%

Caballero reclama que se solucione “inmediatamente” o peche de 14 consultas de atención primaria na área sanitaria de Vigo, un problema de “enorme gravidade”

O voceiro do grupo parlamentario socialista, Gonzalo Caballero, evidenciou hoxe con datos “a falla de compromiso” do goberno da Xunta e do Partido Popular coa sanidade pública en Galicia. Como exemplo máis claro disto, alertou de que a Xunta deixou sen gastar no ano 2020 o 30 por cento dos 735 millóns de euros que chegaron a Galicia do fondo covid procedente do goberno do Estado. Fronte a esta cifra, o conxunto das comunidades autónomas de España deixaron sen executar o 14 por cento desa achega extraordinaria, que ascendía a un total de 16.000 millóns de euros.

En paralelo, o voceiro parlamentario socialista censurou ademais que, deses 715 millóns de euros, so se destinasen 316 millóns -un 42 por cento- para sanidade e atención sociosanitaria. Esta cantidade sitúase tamén por debaixo do 52 por cento do fondo covid destinado a fortalecer o sistema sanitario público polo conxunto das autonomías españolas.

Con estas cifras sobre a mesa, Gonzalo Caballero incidiu en que as políticas sanitarias do PP en Galicia “son nefastas e calamitosas” e reflicten que “non hai respostas para a sanidade pública galega”. “Este Feijoo que sempre se pon medallas”, subliñou, “é o Feijoo que cando recibe o fondo covid gasta menos en sanidade que o conxunto das comunidades autónomas en España e que cando recibe o fondo covid non é capaz de gastalo en sanidade, en atención primaria ou nas necesidades sociais dos galegos e galegas”.

Así, remarcou que o presidente da Xunta “prefire deixar os fondos sen gastar en sanidade mentres se pechan consultas en atención primaria, mentres as listas de espera se desbordan e mentres se teñen que deixar de facer rastrexos aos contaxios de covid porque o sistema está saturado”. “Feijoo”, censurou o voceiro parlamentario do PSdeG, “non ten compromiso nin medidas nin accións” e a súa política amosa que o goberno da Xunta “nin cre no público nin defende a sanidade nin ten capacidade de xestión”.

GALICIA, REZAGADA EN INVESTIMENTO EN SANIDADE PÚBLICA

Gonzalo Caballero chamou a atención de que Galicia se sitúa “no pelotón de cola das comunidades que menos gastaron en sanidade do fondo covid e que deixaron sen investir máis cartos no ano 2020”. A maiores, alertou de que Galicia é a décima comunidade de España en gasto por habitante en sanidade pública, con 1.702 euros por persoa, fronte aos 1.991 euros que se invisten en Euskadi ou os 1.958 de comunidades como Asturias.

En consecuencia, demóstrase que “hai un problema estrutural porque o gasto en sanidade pública por habitante en Galicia é máis baixo que en comunidades cunha estrutura demográfica e social similar á nosa”. Ademais, “vemos que, cando hai fondos extraordinarios, o goberno de Feijoo non os aproveita para fortalecer a sanidade pública e deixa sen gastar unha maior contía que noutras autonomías”.

A estas circunstancias, Gonzalo Caballero engadiu que a atención primaria “sempre foi a gran relegada nas políticas do PP”, como demostra o feito de que “hoxe nos orzamentos hai menos investimento para atención primaria que no ano 2021” ou que incluso no ano 2009, o último do goberno do socialista Emilio Pérez Touriño. “O que estamos sufrindo en Galicia”, sentenciou, “é o resultado das políticas do PP de falla de compromiso coa sanidade pública e coa atención primaria”.

Neste escenario, incidiu en que “empezamos o ano 2022 cunha situación de gran gravidade na sanidade pública do pais e cunha senda de contaxios que pode ser crecente” ante a que “necesitamos que haxa un cambio na política sanitaria do PP” cun modelo sanitario “que fallou ao longo de todo este tempo”.

É NECESARIO QUE SE SOLUCIONE INMEDIATAMENTE O PROBLEMA DA ÁREA SANITARIA DE VIGO”

O exemplo paradigmático desta afirmación é “o que estamos vendo na área sanitaria de Vigo, dunha enorme gravidade”. “Que a Xunta mande pechar as consultas de atención primaria en 14 centros tres anos despois de que 22 xefes de servizos dimitiran en bloque pola sobrecarga e a falla de profesionais reflicte que en Galicia estamos na cola de médicos por habitante e de compromiso do PP coa sanidade pública galega”, salientou.

Por iso, Gonzalo Caballero reivindicou como “necesario” que se dea resposta a todos estes problemas e urxiu a que “inmediatamente” se solucione o problema da área sanitaria de Vigo. Nesta liña, o voceiro parlamentario socialista remarcou que “se hai fondos e posibilidades é necesario ter unha política de compromiso coa sanidade pública galega”.

De maneira específica, pediu que se invista, que se fagan ofertas laborais axeitadas aos profesionais sanitarios e que deixe atrás a política de temporalidade e precariedade de moitos profesionais sanitarios, que tiveron contratos de un día ou dunha semana e que concatenan contratos durante meses e anos sen ter unha praza estable en boas condicións no sistema sanitario público.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13