Categorías: Actualidade

Gonzalo Caballero reclama á Xunta que “siga rectificando” para garantir unha volta ás aulas segura: “Ademais de cubrir as 200 baixas de docentes, ten que recuperar o profesorado de reforzo que despediu en plena pandemia”

Critica que a Xunta rexeitara cubrir as baixas do persoal docente ata agora e esixe un “compromiso” co sistema educativo ante o “esforzo” e “estrés” do profesorado

O portavoz parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, reclamou hoxe á Xunta “que siga rectificando” para garantir unha volta ás aulas “segura” para alumnado, familias e persoal docente.

Inmersos nunha sexta onda con máis de 62.000 casos activos en Galicia a día de hoxe, o dirixente socialista pediu á Xunta que, “ademais de cubrir as 200 baixas laborais de persoal docente a raíz da covid, recupere o profesorado de reforzo que despediu en plena pandemia”.

Neste sentido, incidiu na súa petición á Consellería de Educación para que “volva contratar aos 868 profesores e profesoras de reforzo que botou á rúa”, xa que “queremos unha volta ás aulas con seguridade e, neste sentido, reforzar a educación pública é unha garantía para todos e para todas”.

Ao fío disto, Gonzalo Caballero criticou que o goberno galego rexeitara ata onte cubrir as baixas do persoal docente, o que provocou que “dende o pasado 30 de novembro moitos colexios galegos estivesen nunha situación de precariedade e dificultade en canto a persoal con motivo das baixas provocadas polos contaxios de covid”.

“A Xunta fallou á nosa comunidade educativa despedindo a persoal e aumentado o cociente de alumnado por aula xusto cando debemos de ser máis rigorosos coas medidas de prevención de contaxios”, incidiu, o cal “amosa a falla de aposta por unha educación pública e de calidade por parte do goberno galego”.

Por todo isto, esixiu á Xunta un “firme compromiso” co sistema educativo ante o “enorme esforzo” e “estrés” que sufriu o profesorado durante case dous anos de pandemia.

Por último, o dirixente socialista sinalou que o Grupo Parlamentario Socialista “seguirá facendo da defensa do sistema educativo a súa bandeira” e “levará ao Parlamento todas as iniciativas que sexan necesarias para reforzar o profesorado e dar garantías a toda a comunidade educativa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08