Categorías: Actualidade

Leticia Gallego urxe ao Sergas a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de vigo coa actividade restrinxida

Cualifica a medida tomada pola Xunta de “ataque á sanidade pública, universal e gratuíta” ao “impedir” a unha parte da cidadanía a recibir asistencia sanitaria en caso de enfermidade común

A deputada socialista Leticia Gallego e o voceiro de Sanidade, Julio Torrado, veñen de demandar á Xunta, a través da presentación dunha batería de iniciativas no Parlamento, a incorporar “de forma inmediata” máis persoal sanitario nos 14 centros de saúde da área sanitaria de Vigo coa actividade restrinxida.

“É necesario poñer de maneira urxente a disposición dos centros de saúde recursos humanos e equipamento suficiente para atender as necesidades de cada municipio conforme a súa poboación e poder garantir así a correcta e plena asistencia sanitaria na Atención Primaria”, sentenciou a socialista Leticia Gallego.

Neste sentido, Gallego cualificou a medida de restrición da actividade sanitaria nos centros de saúde de “ataque á sanidade pública, universal e gratuíta” por parte do goberno da Xunta que “impide” a unha parte da cidadanía acudir ao seu médico ou médica ante unha enfermidade común.

“A Atención Primaria está totalmente desbordada con xornadas con 190 pacientes nalgúns PAC, con profesionais esgotados e cada vez máis cadros de depresión e ansiedade entre o persoal que ve a situación con total desánimo”, lamentou.

Ao fío disto, Gallego censurou as “políticas de recortes do PP” na sanidade nos últimos anos que “levaron a que Galicia afronte a pandemia cun problema grave de persoal” cando “é a terceira peor comunidade autónoma de España en cociente de médicos e médicas por habitante”, segundo datos do Consello Xeral de Colexios de Médicos de España.

Con todo, a deputada viguesa urxiu a incorporar novos facultativos e facultativas que dispoñan de salarios equiparables aos países veciños, así como dunha maior estabilidade laboral “para facer atractivo traballar en Galicia”.

Por último, Gallego concluíu recordando que, dende o Grupo Parlamentario Socialista “levamos moito tempo denunciando a situación de colapso da Atención Primaria e a situación que ocorreu na área de sanitaria de Vigo esta semana é unha mostra máis da saturación do Servizo Galego de Saúde, que non se pode consentir”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08