Categorías: Secretaría Xeral

Formoso, sobre os vertidos da mina de San Finx: “pedímoslle á Xunta que pare esta locura”

O líder dos socialistas galegos encabeza a delegación do PSdeG na manifestación contra o vertido de 900.000 metros cúbicos de residuos da mina sobre a ría de Muros e Noia autorizado pola Xunta

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, reclamoulle hoxe á Xunta que “paren esta locura”, en alusión ao vertido de 900.000 metros cúbicos de residuos da mina de San Finx sobre “o maior banco marisqueiro do mundo” na ría de Muros e Noia. Formoso participou na concentración que reuniu a en torno a 3.000 persoas na vila de Noia contra a autorización da Xunta.

O responsable socialista dixo que “hoxe estamos apoiando a Galicia, porque que lle vaia ben a Noia supón que lle siga indo ben ao sector da extracción marítima” en toda Galicia, que emprega a máis de 35.000 persoas de forma directa, e moitos máis empregos indirectos. Alertou do impacto do vertido sobre a produtividade dos bancos marisqueiros dos que só nesta ría viven “milleiros de persoas”.

Engadiu que “non nos merece a pena como país” que a Xunta autorice o vertido na súa “aposta por unha mina que leva pechada tempo”, e que supón un “risco en potencia acreditado para a ría de Muros e Noia”. Esixiulle ao goberno galego que “teña en conta” a forte contestación social aglutinada esta mañá na vila costeira fronte á decisión do goberno galego.

Valentín González Formoso encabezou unha ampla delegación socialista na concentración de hoxe, na que tamén estiveron presentes o alcalde de Boiro, o socialista José Ramón Romero “Martiño”, así como os candidatos e representantes públicos e orgánicos do PSdeG en tódolos concellos da comarca.

A manifestación que se celebrou esta mañá foi convocada contra a decisión autorizada por Augas de Galicia o pasado 1 de febreiro de autorizar a descarga sobre a ría de 900.000 metros cúbicos de augas residuais acumuladas nas galerías da vella mina de wolframio, pechada en 1989, para despexarlle aos actuais propietarios o proceso de venta destas instalacións.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41