Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que Rueda é “corresponsable” das malas cifras que “atoparemos cando cheguemos ao goberno en 2024”

O líder dos socialistas galegos critica que o PP se manteña inmerso “nos fastos da sucesión” mentres seguen sen tomar medidas no DOG para apoiar aos sectores críticos en plena crise

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe que “non debéramos ter demasiada esperanza nun cambio de modelo na Xunta de Galicia” coa chegada de Alfonso Rueda á presidencia. Lembrou dende Lugo que “é un vello coñecido do goberno de Feijóo” e “corresponsable das cifras que atoparemos cando cheguemos ao goberno en 2024”.

O líder dos socialistas galegos sinala que tódalas cifras socioeconómicas ofrecen unha “fotografía do país moito peor” logo de 13 anos de gobernos do PP. Lembra que Galicia está “máis endebedada que en 2009 –cando os socialistas deixaron o goberno galego-, con moitos máis parados dos que existían cando deixamos a Xunta, moita menos xente e por suposto moita menos xente nova”.

Formoso reclamoulle ao futuro presidente da Xunta “urxencia na adopción de medidas” e que atenda á “responsabilidade de compartir as medidas que levamos plantexando ao goberno galego”. Sinalou de novo ao decálogo de medidas presentadas polos socialistas a nivel tributario enerxético e social dirixidas a “soliviantar a carga da cidadanía” pola crise.

Lembrou que o DOG continúa sen publicar “medidas para favorecer aos sectores críticos” polo momento que “están a padecer os gandeiros, os agricultores, os pescadores, os transportistas ou os operarios das plantas que están a pagar máis pola súa enerxía” e que “adoecen de medidas claras e concretas no Diario Oficial de Galicia”.

O responsable socialista subliñou sen embargo que “queremos ser consecuentes, queremos ser prudentes e darlle marxe” para que o futuro novo presidente da Xunta “sexa quen de tomar decisións axeitadas” logo do momento no que “a sucesión protagoniza a preocupación do goberno galego”.

Criticou así que o Executivo autonómico estea inmerso nos “fastos da sucesión”, que “van seguir despois” da toma de posesión do novo presidente da Xunta “cunha xira para darse a coñecer no peor momento da socioeconomía galega dos últimos 30 anos”.

Exemplo de xestión

Valentín González Formoso fixo estas declaracións logo dunha reunión en Lugo co presidente da Deputación, José Tomé, e o responsable de Réxime Interior da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font, onde defendeu a xestión dos socialistas galegos á fronte dos gobernos provinciais de A Coruña, Lugo e Pontevedra, e que demostran a “aposta por que os servizos esenciais sexan públicos”.

O líder dos socialistas galegos reivindicou as políticas públicas e a garantía do público en servizos esenciais dende as administracións xestionadas polos socialistas galegos, e salientou que “é importante que a cidadanía poña en valor o traballo na procura da mellor administración” en favor do conxunto da poboación.

Lembrou que a Deputación de Lugo foi no seu día a primeira do Estado en impoñer cláusulas sociais ás empresas contratistas, ademais de ter recuperado para o público o Hospital privatizado de Burela, e xestiona as únicas residencias de maiores públicas de Galicia.

Así o dixo logo dun encontro das tres deputacións provinciais con representantes sindicais dos consorcios provinciais de bombeiros para abordar a incorporación ao sector público con carácter indefinido dos 400 bombeiros das tres provincias, a raíz da sentenza do caso dunha traballadora en Navarra.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28