Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Julio Torrado saca adiante por unanimidade a súa proposta para pedirlle á Xunta que garanta o cumprimento dos acordos para resolver o conflito da mexilla no canto de seguir “alimentando o problema con gasolina”

Agarda que a Xunta dea a sorpresa e cumpra por unha vez os acordos da Cámara autonómica

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, acadou hoxe o acordo unánime do Parlamento de Galicia á súa proposición non de lei para pedirlle á Xunta que garanta o cumprimento dos acordos adoptados nas diferentes mesas de diálogo abertas para resolver o conflito da mexilla.

A iniciativa recibiu o visto e prace de todos os grupos esta mañá na Comisión 8ª, onde Torrado expresou o seu desexo de que a aprobación por parte do PP non se enmarque na estratexia que sigue habitualmente de votar a favor para evitar un problema, pero sen ningunha intención de cumprilo. “Iso non so significaría que están a alimentar un conflito con gasolina”, advertiu, “senón que ademais cospen sobre este Parlamento”. Nesta liña, incidiu en que agrada que a Xunta dea a soprpresa e cumpra por unha vez os acordos tomados na Cámara autonómica.

Coa aprobación unánime da proposición socialista, tamén se lle demanda ao goberno galego que faga o os informes e documentos científicos nos que  se basea a decisión da Consellería de restrinxir a extracción deste produto nas costas galegas, así como os criterios obxectivos para o futuro.

Neste último aspecto, Julio Torrado alertou que os estudos que supostamente avalan a actual situación teñen entre 10 e 20 anos. Engadiu ademais que non existe constancia de que a Consellería de Pesca realizase recollida de mostras propias para a elaboración deses informes técnicos. Polo tanto, “aínda non sabemos se a día de hoxe hai un problema biolóxico real que estea suficientemente documentado, e “os que hai poderían estar resoltos se non se introducisen elementos de confrontación”, afirmou Torrado.

Neste senso, sinalou que “todo apunta a que o goberno toma decisións sobre a mexilla con cuestións que non están fundamentadas e ten máis que ver coa vontade de destruír o sector e de provocar enfrontamento que de ordenalo mellor”. “Introduciuse un elemento de conflito grave tras máis de 60 anos de convivencia entre bateeiros e percebeiros sen que existan razóns obxectivas coñecidas”, lamentou.

Por iso, na súa intervención, Julio Torrado pediulle á Xunta de Galicia que “adopte unha posición conciliadora” para resolver o conflito entre bateeiros e percebeiros pola extracción da mexilla. Nesta liña, Torrado demandoulle ao goberno galego diálogo, consenso e que se cumpran os acordos aos que se chegue co sector no canto de seguir alimentando este problema, o que provocará que siga a medrar.

“Non pode ser que a propia Consellería torpedee todos os acordos  aos que se chega”, alertou,  “porque cando se alimentan os conflitos con gasolina, incéndianse.” Nesa liña explicou que “vivimos unha situación na que dous grupos dentro do sector do mar atravesan un problema provocado por un terceiro que mira dende a barreira”.

Neste contexto, incidiu en que “temos un sector dividido por culpa da Xunta, con episodios constantes que se veñen repetindo de tensións con situación desagradable e agresivas, todas elas condenables”. Tras reiterar que “ao PSdeG non nos gusta ningún deses episodios violentos”, Torrado advertiu que a situación “vai in crescendo” e “camiño de que exista un episodio que non teña volta atrás”.

“Non é unha esaxeración”, puntualizou o deputado socialista, “pode pasar algo grave porque cando un entra a dinamitar o sistema de vida dun sector pon en tela de xuízo a súa capacidade de organizarse vitalmente” e, ao mesmo tempo, “dinamita calquera tipo de confianza nun goberno”.

Fronte a isto, Torrado avogou por un clima de “concesións mutuas, pero sen que se demonice a ningún sector e, se é necesario regular a extracción da mexilla co acordo de todos e con criterios científicos, biolóxicos e económicos fundamentados, transparentes e obxectivos”.

O ACORDO APROBADO HOXE

“O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:

  1. Garantir o cumprimento dos acordos adoptados nas diferentes mesas de diálogo abertas cos sectores implicados, bilateral ou multilateralmente.

  1. Entregar na Cámara galega copia dos informes e documentos científicos nos que se basea a decisión da Consellería de restrinxir a extracción de mexilla nas costas galegas, así como dunha proposta de avaliación das medidas que permita establecer criterios técnicos para as decisións a seguir sobre limitacións ou aperturas.”
Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18