Categorías: ActualidadeNovasParlamento de GaliciaPortada

Luis Álvarez tende a man a Alfonso Rueda para un cambio de orientación que mellore as políticas públicas e a vida dos galegos e galegas tras a marcha de Feijoo

O portavoz do Grupo Socialista reuniuse esta mañá co presidente do Parlamento dentro da rolda de consultas para activar o relevo á fronte da Xunta de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, tendeulle hoxe a man a Alfonso Rueda para levar a cabo “un cambio de orientación” na Xunta co obxectivo de “mellorar as políticas públicas e a vida dos galegos e galegas”.

Álvarez realizou estas declaracións tras reunirse esta mañá co presidente do Parlamento, Miguel Santalices, dentro da rolda de consultas cos voceiros dos grupos parlamentarios para definir o procedemento e o calendario para a elección do novo presidente do goberno galego tras a dimisión de Alberto Núñez Feijoo o pasado venres.

Na súa intervención tras este encontro, o portavoz socialista explicou que o PSdeG vai a concederlle a Alfonso Rueda “os días de cortesías mínimos”. En calquera caso, sinalou que “esperaremos a ver que nos avanza no seu discurso de investidura e a partir de aí faremos as valoracións oportunas”.

Tras lembrar que Rueda fala dun “estilo propio”, o voceiro do Grupo Socialista agardará a comprobar “se hai un cambio na orientación das políticas que vai levar a cabo como presidente da Xunta, cousa que sería extraordinariamente desexable, ou se vai seguir con máis do mesmo”. Nesta liña, lembrou que o PSdeG tamén lle tendeu a man a Alberto Núñez Feijoo en reiteradas ocasións “sen ningún éxito”.

Por outra banda, a preguntas dos medios de comunicación, Luis Álvarez explicou que o sentido do voto do Grupo Socialista nesta investidura será analizado por parte da executiva galega do PSdeG, que preside o secretario xeral, Valentín González Formoso, e “comunicarase no seu momento”. “Ata  a sesión de investidura teremos a posibilidade de analizar as diferentes opcións de voto”, remarcou.

En calquera caso, e malia que o proceso parlamentario tras confirmarse a dimisión de Feijoo está a ser o “suficientemente áxil”, Luis Álvarez lamentou que o goberno galego leve tres meses nunha “situación de interinidade”. Esta situación está a provocar “unha inactividade e unha falta de impulso ás medidas que se precisan para facer fronte á situación na que se atopa Galicia”.

Isto, remarcou, “é algo que vén dilatándose no tempo porque se supeditou a axenda gobernamental de toda a Comunidade autónoma á axenda política do PP e, polo tanto, a unha realidade externa”. “Parecíanos mal e síguenos parecendo mal”, afirmou, “pero iso non quita que, dentro do procedemento regulamentario, entendemos que se está levando a cabo cunha axilidade bastante aceptable”.

CALENDARIO DE INVESTIDURA

Segundo as previsión trasladadas no encontro desta mañá, o Parlamento celebrará o martes 10 de maio a primeiro pleno de investidura de Alfonso Rueda como novo presidente da Xunta.

A partir de aí, tal e como establece o regulamento, a sesión suspenderase durante 48 horas e reanudarase o xoves 12 de maio, coas intervencións de todos os voceiros parlamentarios. Deste xeito, o novo xefe do executivo galego sería investido o sábado 14 de maio.

Luis Álvarez explicou que este calendario “forma parte do procedemento establecido regulamentariamente nunha situación absolutamente inédita na que por primeira vez se produce a renuncia dun presidente da Xunta de Galicia durante a vixencia do seu mandato”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08