Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que o nomeamento de Miñones como ministro de Sanidade aumenta o peso galego no Executivo e “redundará nunha mellor defensa dos intereses do noso país”

O líder dos socialistas galegos saúda a elección do “compañeiro e amigo Pepe Miñones”, que vai “capitanear un modelo de Sanidade distinto” ao do PP

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, saudou o nomeamento do “compañeiro e amigo Pepe Miñones”, como Ministro de Sanidade. O responsable socialista agradeceulle ao presidente do goberno que “volva contar con Galicia nos nomeamentos ministeriais” na persoa de Miñones, que forma parte da Executiva do PSdeG.

Dixo que “Galicia tiña que ter máis peso” no Executivo, co que o nomeamento do ata agora Delegado do Goberno en Galicia responde desta necesidade, o que “loxicamente vai redundar nunha mellor defensa dos intereses do noso país”. Salientou a importancia ademais de que o nomeamento sexa precisamente “nunha carteira que tanto significa para o socialismo galego como é a sanidade”.

Sinalou que se trata “dun tema dos que máis preocupan á sociedade española e tamén á galega”, coa que “temos feito e estamos a facer unha oposición construtiva pero contundente contra as políticas do PP”. Saudou que sexa precisamente un galego “o que capitanee” un modelo de sanidade “distinto” ao do PP.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28