Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle a Rueda que retire o recurso contra o imposto ás grandes fortunas

Begoña Rodríguez Rumbo lamenta que Rueda decida aliarse con Ayuso e Moreno Bonilla para reducir ingresos no canto de apoiar ás persoas máis vulnerables

Sinala que o nomeamento de José Miñones como ministro de Sanidade reforza o peso galego no goberno e augura un “papel magnífico” á fronte do Ministerio

A viceportavoz do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, anunciou ho0xe unha ofensiva parlamentaria para reclamarlle ao presidente da Xunta que retire o recurso ao TC contra o imposto ás grandes fortunas. A responsable socialista lamentou que o presidente da Xunta decida “aliarse” con Ayuso presentando este recurso “para favorecer aos máis ricos” no canto de apoiar ás persoas que peor o están a pasar.

A responsable socialista lamento que con medidas como esta está a demostrar que “o goberno galego, antes con Feijóo e agora con Rueda, non está a pensar na maioría dos homes e mulleres de Galicia”. Criticou que ao presidente da Xunta, en lugar de reforzar o paraugas social despregado polo Estado, “non se lle ocorre mellor idea que aliarse con Ayuso e Moreno Bonilla” contra o imposto ás grandes fortunas.

No canto de axudar a quen máis o necesita, as decisións do goberno galego supoñen que suporá “favorecer aos máis ricos, que deberan de axudar e contribuír á redistribución da riqueza”. Explicou que o imposto supón un incremento temporal de 3 millóns de euros nos exercicios de 2022 e 2023 para incrementar a recadación e harmonizar a normativa autonómica, en torno a 152.000 euros, “perfectamente asumible” para quen ten un patrimonio de 10,7 millóns de euros.

Advertiu que o recurso anunciado polo goberno galego sitúase na mesma liña que a redución do imposto de Patrimonio ata o 50 por cento para darlle 4.500 euros aos 7.700 galegos con maiores fortunas, mentres lle retiran a Tarxeta Básica de axudas “a quen máis o necesita”.

Sinalou que o goberno galego “non está a anunciar medidas para reforzar ás persoas vulnerables, nin axudas para empresas e autónomos, tampouco para complementar as axudas estatais á xuventude nin para reforzar os servizos básicos, e tampouco para repoñer a tarxeta básica nin para incrementar o Servizo de Axuda ao Fogar”.

Reivindicou o paraugas social despregado polo goberno do Estado co Ingreso Mínimo Vital ou aplicando os ERTES en pandemia beneficiou a 127.000 persoas en Galicia, unha Comunidade Autónoma que ten con 671.000 persoas en risco de pobreza ás que desatende o Executivo de Rueda. Polo contrario, o goberno do Estado incrementou as pensións un 8,5 por cento, o Salario Mínimo Interprofesional un 8 por cento, e que aumentou as bolsas de estudo.

Lembrou que o goberno galego recibe 2,7 millóns de euros de fondos da UE distribuídos a través do Estado mediante o mecanismo de Recuperación, Transformación e Resiliencia que primeiro Feijóo e agora Rueda queren ir a Bruxelas a criticar emulando a Pablo Casado. Rodríguez Rumbo advertiu que o PP “votou en contra” dos fondos que “por eles nunca chegarían a España e a Galicia, seguindo a liña do PP de “deixar que caia España que xa a levantaremos nós”.

Aludiu á xuntanza do presidente galego coa presidenta da Comisión europea prevista para esta semana pero cancelada a última hora porque Von der Leyen “decidiu que tiña cousas máis importantes”. Cuestionou a intención do presidente da Xunta, a quen lle preguntou se ía viaxar “a defender á pesca galega e que permitan flexibilizar o Perte do automóbil como fai Sánchez ou vai criticar os fondos Next Generation como fixeron Casado e Feijóo”.

Miñones, ministro de Sanidade

A responsable socialista saudou o nomeamento de José Miñones como ministro de Sanidade, unha decisión que “reforza o peso galego” no goberno do Estado ao designar a un “compañeiro da Executiva do PSdeG encabezada por Valentín González Formoso”. Augurou que o ex alcalde de Ames e agora ex delegado do Goberno en Galicia “fará un papel magnífico” atendendo ao seu perfil de “persoa traballadora, implicada e progresista”.

Rodríguez Rumbo trasladou os parabéns ao socialismo galego e ao propio Miñones, a quen desexou “os maiores acertos que seguro acadará” e que “redundarán en beneficio da cidadanía, e amén da cidadanía galega”.

En resposta a preguntas dos xornalistas, sinalou que o máximo responsable do PP de Ourense, José Manuel Baltar, deixou onte “clarísimo” nunha entrevista radiofónica que foi o PP quen fixo a Jácome alcalde de Ourense e que “o volverán facer”. Malia á resposta do candidato do PP na cidade, o presidente do partido na provincia no deixou “ningunha dúbida de que o volverán facer, sen reparo e sen sonroxarse”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08