Categorías: Secretaría Xeral

Formoso sinala que a primeira viaxe de Rueda “debera ter sido a Bruxelas” para defender os intereses dos galegos e galegas diante do veto á pesca de arrastre

O líder do PSdeG subliña que “compartimos a obriga de estreitar os lazos cos galegos e as galegas no exterior, pero neste momento hai outra prioridade”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, advertiu hoxe en Vilalba que “a primeira viaxe de Rueda debera ser a Bruxelas” para “defender os intereses dos galegos e galegas” afectados polo veto á pesca de arrastre. Puntualizou sen embargo que “compartimos a obriga de calquera representante político galego de estreitar lazos cos galegos e galegas no exterior”.

Formoso fixo unha valoración así da viaxe do presidente da Xunta a Iberoamérica, e advertiu que neste momento “hai outras prioridades”. Afeoulle que non seguira o exemplo do presidente de Andalucía e do propio Formoso cando se desprazou hai xa semanas ata Estrasburgo para manter un encontro cara a cara co comisario de Pesca, Sinkevicius.

Lembrou que el mesmo lle trasladou ao comisario o “malestar da pesca galega e a innecesariedade de aplicación” do Regulamento. Este veto, sinalou, “afecta a case o 30 por cento da pesca galega, en portos como os de Vigo, A Coruña, Celeiro, Burela, Ribeira ou A Guarda” para protexer un medio natural que está “perfectamente preservado polos pescadores dende hai décadas”.

Sinalou así que a primeira viaxe dun presidente da Xunta debera ser á capital europea, para “poñer en valor a Galicia diante das institucións comunitarias” e defender os seus intereses fronte ao veto á pesca de arrastre e tamén no ámbito enerxético. Explicou neste sentido que “Galicia ten que liderar dende o ámbito público” o desenvolvemento das renovables “aportando valor ao espazo rural e implicando ás sociedades locais”.

Vilalba

O secretario xeral do PSdeG fixo estas declaracións logo da visita á empresa Champivil, en Vilalba, coincidindo coa conmemoración do Día Internacional da Muller Rural. Salientou que esta empresa, “capitaneada por unha muller galega do rural”, leva décadas “poñendo en valor os produtos da terra, sabendo comercializalos, aportarlles valor engadido de coñecemento e tecnoloxía”.

O líder dos socialistas galegos avogou por “poñer en valor” o traballo destas empresas e “fomentar a figura” das entidades galegas que traballan “creando valor e emprego no rural”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53