Categorías: Secretaría Xeral

Formoso remarca a “ilusión” dos socialistas ante as municipais e sinala o obxectivo de gobernar á maioría da sociedade galega dende os concellos

O líder do PSdeG presidiu a primeira reunión para a elaboración da Ponencia Marco que servirá para “definir o esencial do que vai a ser o partido no ámbito das municipais”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, remarcou este sábado que os socialistas galegos están “cargados de ilusión” de cara ás eleccións municipais e sinala o obxectivo de gobernar á maioría da sociedade galega dende os concellos.

Valentín González Formoso presidiu a primeira reunión do PSdeG para elaborar a Ponencia Marco de cara ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio. O documento que se elaborará “vai a definir o esencial do que vai a ser este partido no ámbito das municipais”, asegurou o socialista.

Dende o PSdeG danlle bastante relevancia a estes comicios, xa que entenden que os municipios son o núcleo esencial da política, sendo que o seu partido está especialmente ligado a eles, polo que asegurou que “os grandes avances da sociedade, se soñaron primeiro nunha casa do pobo socialista”.

Para Formoso seno o seu partido non sen entenderían as cidades e vilas galegas da actualidade, xa que para el “levan o selo do Partido Socialista e da súa xente”.

Resaltou que afrontan este proceso electoral “cargados de ilusión”, recalcando que “palpamos esa ilusión na rúa, nos compañeiros e compañeiras que están hoxe aquí”, en referencia aos poñentes do programa electoral que servirá de marco para as agrupacións municipais do PSdeG.

O documentos será elaborado por un total de 26 ponentes que estarán coordinados polo presidente da FEGAMP e alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pola alcaldesa de Betanzos, María Barral, e polo Delegado do Goberno en Galicia, José Miñones. Os tres, xunto coa voceira da Comisión Executiva Nacional de Galicia, María Pierres, arrouparon a Formoso nas súas declaracións ante os medios.

O líder socialista amosou que senten “a confianza da cidadanía, a empatía co noso partido e a confianza”, nunha formación que destaca polo seu carácter “de goberno e institucional”. Continuou remarcando como valor extra esa experiencia, xa que “levamos gobernado o país nas distintas institucións” e en especial “nos grandes e medianos concellos galegos durante tantos e tantos anos”.

Formoso fixa “obxectivos ambiciosos”, revalidando “o éxito das anteriores municipais” para “seguir sendo a forza que goberne á maioría dos galegos e galegas”. Remarcou que todos estes elementos fan que sexan distintos aos seus contrincantes electorais.

En contraposición aos socialistas, encontra por un lado a “unha forza de dereitas” á cal a sociedade galega “deulle as costas constantemente no eido municipal” e que o que fan é poñer como candidatos a “figurantes políticos que veñen a facer ruído e a embarrar” a vida política municipal, o que pensa que é “un mal camiño para facer crecer as nosas vilas”.

Por outro lado, cre que hai unha formación que ten un proxecto “identitario” e que vai contra a lóxica progresista do momento, pretendendo “poñer un muro arredor de Galicia” e ir “contra a lóxica internacional e europeísta que os tempos demandan”, para poder “coordinarse, medrar, facernos fronte xuntos e xuntas” con Europa e o resto de España.

PLATAFORMA PARA CHEGAR Á XUNTA

Valentín González Formoso finalizou incidindo na importancia de ofrecer resistencia ao PP dende os concellos nestas municipais, para “evitar que sigan desmantelando a sanidade pública” así como reter o talento a través de “ofertar un país mellor, máis dinámico e con máis forza e moral para a mocidade” dende o ámbito municipal.

Amosou confianza en que van ter “uns resultados magníficos” que van a “servir de plataforma para cumprir o “ansiado soño da sociedade galega que é o de “un cambio na Xunta de Galicia” no 2024.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02