Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista critica que o goberno galego entregue a Axenda Enerxética 2030 con tres meses de atraso

Begoña Rodríguez Rumbo denuncia que a Xunta adícase a “facer actos de publicidade e propaganda” e en “buscar culpables para tapar a súa ineficacia”

A vicevoceira do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, criticou este venres que o goberno galego entregue a Axenda Enerxética de Galicia 2030 tres meses despois da súa presentación en sede parlamentaria, por parte do director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Begoña Rodríguez Rumbo amosou o enfado dos socialistas ao recibir en medio da Comisión 6ª de Industria, Enerxía, Comercio e Turismo, a nova de que a Xunta subiu á páxina web do Inega o documento da Axenda Enerxética cara 2030. De xeito irónico, felicitou aos deputados do Partido Popular pola publicación da mesma, alegrándose de que a iniciativa socialista lograra o seu obxectivo en último término.

O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Fernández Vila, comprometeuse en outubro de 2022 a entregar este documento aos grupos políticos da cámara. Esta tardanza leva á deputada socialista a pensar que non estaba afeita, e que nestes tres meses que transcurriron, na Xunta puxéronse a traballar neste asunto. Asegurou que durante a comisión, media hora despois do seu inicio, comprobou a web e o documento non estaba subido.

Recordou que algo similar pasou coa anterior Axenda Enerxética que tiña que facer a Xunta e que só foi publicada tralos constantes requirimentos da oposición. Para Rodríguez isto é a consecuencia de que “o PP non teña axenda enerxética”, xa que cre que non apostan polas distintas políticas que a compoñen, incidindo en que “non ten axenda de enerxías renovables, nin sobre economía circular, nin sobre descarbonización, sobre desenvolvemento tecnolóxico, nin sobre os fondos Next Generation…”.

Cre que é “un acto de fe” confiar en que de aquí á data límite de 2024 vanse a executar os 634 millóns de euros asignados a distintos proxectos de enerxías renovables, desenvolvemento sostible ou economía circular, entre outras cousas, que anunciou o goberno galego.

Rodríguez Rumbo resaltou que o problema do goberno galego e do PP é “que non traballan”, ese é o motivo último do atraso nesta axenda, ao igual que ocorreu cos informes de impacto ambiental dos parques eólicos. Para a deputada socialista só están pendentes de “facer publicidade e propaganda” así como “buscar culpables ante a súa xestión ineficaz”.

Finalizou a súa intervención recordando os postulados do seu partido neste ámbito, xa que “a diferencia do PP” que “non respecta absolutamente nada o medio ambiente”, o PSdeG defende “un desenvolvemento eólico racionalizado, de xeito estratéxico, vinculado ao territorio e respectuosa ao medios ambiente”, alegou.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08