Categorías: Actualidade

Formoso anima aos candidatos socialistas da Baixa Limia diante das municipais: “do caciquismo se sae”

O secretario xeral do PSdeG participa en Lobios no acto de presentación dos alcaldables da comarca ourensá

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, participou este sábado no acto de presentación dos candidatos socialistas da comarca ourensá da Baixa Limia, aos que lles trasladou ánimos para que continúen a loitar polas súas ideas e o progresos dos seus concellos, porque “do caciquismo se sae”.


“Non vamos a admitir mais que o caciquismo siga imperando na provincia de Ourense”, sinalou Formoso na súa intervención no xantar de Lobios que xuntou a máis de 200 militantes e simpatizantes socialistas.


Chamou a pelexar pola liberdade, pola igualdade e os dereitos que teñen os cidadáns viva onde vivan e voten a quen voten, porque “non é de recibo que un concello de 2.000 habitantes de Ourense acade o 5% do que ten un concello de 2.000 habitantes da Coruña ou Pontevedra”.


E engad
iu, “ten que ter os mesmos dereitos unha persoa que nace en Lobios ou en Padrenda que un que nace na Coruña ou en Vigo”, porque así “o esixe a Constitución e o sentido común”.


No acto participaron, ademais de Formoso, o secretario provincial do PSdeG, Rafael Rodríguez Villarino, ou a alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, integrante da dirección galega. O candidatos presentados foron os xa alcaldes de Entrimo e Calvos de Randín, Ramón Alonso e Aquilino Valencia, respectivamente, así como o alcaldable de Lobios, Iván Rouco; onde Muíños, José Luis Rodríguez; o de Padrenda, Manuel Pereira; o de Bande, José Luís Álvarez, aparte de varios deputados e senadores.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02