Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica as axudas do goberno aos coidadores dos dependentes e incide na importancia da protección social

O secretario xeral do PSdeG reúnese en Vigo coa directiva da asociación Afaga de familiares de enfermos de Alzheimer e outras demencias para analizar as súas demandas

Tamén visita no porto vigués as instalacións do grupo Pereira, empresa galega que opera en diversos puntos do globo e emprega a 1.100 persoas

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, aproveitou a súa visita á asociación AFAGA na cidade olívica para coñecer de primeira man as súas instalacións e as demandas de enfermos e familias, incidindo na importancia da políticas de protección social e do traballo realizado polo goberno para axudar aos coidadores das persoas dependentes.

O líder dos socialistas galegos visitou hoxe a asociación AFAGA, á que pertencen distintos enfermos de Alzheimer e outras demencias, así como familiares, e que fai un labor de formar e sensibilizar sobre esta grave enfermidade. Subliñou a importancia dunha visita a un lugar de “referencia para todo aquel ao que lle preocupe a protección social”.

Valentín González Formoso resaltou as accións do goberno central para axudar a estas persoas e os seus familiares, recuperando a cotización á seguridade social a cargo do Estado dos “coidadores non profesionais”, persoas que teñen que “renunciar á súa vida” para coidar dos seus achegados enfermos, ata 1.800 persoas só na provincia de Pontevedra. Este goberno tamén se comprometeu a actualizar as súas bases de cotizacións de forma anual.

Así mesmo, destacando a “importancia do traballo desta xente”, non dubidou en recordar que foi o anterior executivo, do popular Mariano Rajoy, o que retirou o pago desta cotización de forma “dura”, abandonando así, para Formoso, aos 70.500 enfermos de Alzheimer en Galicia e os seus familiares.

Pola súa banda, o presidente de AFAGA, Juan Carlos Rodríguez Fernández, agradeceu a visita ao líder socialista para “coñecer directamente as necesidades das persoas afectadas” polo que a OMS considerou “epidemia do século XXI” pero quedou esquecida trala pandemia, polo que incidiu na urxencia de que a loita contra o Alzheimer que afecta a 300.000 enfermos e familiares en Galicia, “volva a estar na axenda política”.

VISITA PREVIA AO GRUPO PEREIRA

Formoso visitou antes no porto de Vigo a factoría da pesqueira Pereira, resaltando que é “unha empresa galega con 60 anos de antigüidade que opera con naves dispersas por todo o mundo”, en países tan diversos como Mauritania ou China e conta con 1.100 empregados en plantel.

Un exemplo para o líder socialista como foron capaces de adaptarse aos novos tempos instalando novos medios para ter unha maior eficiencia enerxética, responsable co medio ambiente, ao verse gravemente afectados pola suba dos prezos da electricidade.

O número un dos socialistas galegos acudiu á visita da organización con sede en Vigo acompañado da subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, a voceira da Executiva Nacional do PSdeG, María Pierres, da responsable de pesca socialista e parlamentaria, Patricia Otero, a secretaria de Emprendemento e Dinamización Económica,Mónica Rodríguez Ordóñez, e a parlamentaria viguesa Leticia Gallego.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18