Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista acada o apoio do PP para esixirlle á Xunta que reformule a normativa da recollida da mexilla e “facilitar o aproveitamento de todos os recursos naturais”

Julio Torrado reclámalle ao goberno galego que mude a estratexia de avivar a confrontación entre mexilloeiros e percebeiros polo diálogo e a busca de solucións

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, acadou hoxe o apoio do PP a unha iniciativa que presentou na Comisión de Pesca do Parlamento para reclamarlle á Xunta que reformule a normativa da recollida de semente de mexillón. O acordo aprobado hoxe defende o “diálogo comprometido” cos colectivos implicados na recollida de mexilla.

O responsable socialista sinalou que o PP e o goberno galego “recoñecen que estaban equivocados” na decisión que tomaron hai dous anos de pechar as zonas de extracción de mexilla e fixo un chamado á “sensatez” para resolver o conflito buscando a convivencia entre mexilloeiros e percebeiros. Sinalou que “o sector quere resolver” a situación xerada polo goberno galego e, engadiu, “hai que resolver non en base a pataletas nin aos intereses particulares de ninguén”.

Reclamoulle ao goberno galego que “non lle bote gasolina ao fogo e intenten apaciguar o problema” e “deixe de botarlle gasolina ao fogo”. Reivindicou “buscar solucións de consenso e modificar a normativa no que sexa necesario” porque, engadiu, “os sectores están dispostos a dialogar, a ceder e achegar solucións” en base ao acordo, porque “percebeiros e bateeiros deben e poden convivir”.

Esixiulle ao PP que “sexan coherentes co seu voto” e resolvan a situación diante do problema evidente de falla de mexilla nas coras colectoras das bateas logo de que o goberno galego impedira a reciollida de semente nas rochas que viñan empregando dende hai décadas. Esta situación, dixo, “vai derivar nun problema nas depuradoras e nos cocedeiros”, e pon en risco a propia continuidade do selo de calidade do mexillón galego.

Advertiu que “o PP ve o problema como unha confrontación entre os sectores no que hai que tomar parte, pero é mentira, hai un conflito entre dous sectores alimentado polo goberno galego”. Apelou a “defender o que defenden os dous, que é o seu dereito a traballar e ofrecer un produto nas mellores condicións e co maior volume posibles”.

Por iso o acordo de hoxe apela a reformular a normativa tendo en conta “as ideas propostas dende os diferentes sectores para facilitar o aproveitamento de todos os recursos naturais, e que o nivel de produción de mexillón e percebe sexan o maior posible”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a establecer un diálogo convencido e comprometido cos colectivos implicados na recollida de mexilla, co obxectivo de reformular a normativa existente e que para elo tome en conta as ideas propostas dende os diferentes sectores para facilitar o aproveitamento de todos os recursos naturais e que o nivel de produción de mexillón e percebe sexan o maior posible”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41