Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista recaba o apoio do PP para reclamarlle á Xunta que cubra as baixas no Centro de Saúde de Caldas de Reis

Julio Torrado esixe o cumprimento do compromiso e alerta fronte ao “discurso” do PP que “evidencia que non queren cumprir” co acordo

O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de acadar o apoio do PP a unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que cubra as baixas dos e das profesionais sanitarios no Centro de Saúde de Caldas de Reis. O responsable socialista presentou esta iniciativa na Comisión de Sanidade que se celebrou hoxe no Parlamento de Galicia.

Torrado alertou do discurso despregado pola portavoz do PP, que “evidencia que non van cumprir”, e advertiu que “vamos comprobar se o PP solo fala ou tamén actúa e mantén a coherencia” co voto de hoxe. A proposta presentada hoxe é idéntica á presentada polo alcalde do PSOE, José Manuel Rey, aprobada no Concello co apoio do portavoz do PP e deputado no Parlamento Fernando Pérez, que hoxe estivo ausente do debate parlamentario.

Lamentou que o que é tamén candidato do PP no Concello “hoxe non tivo a coherencia de vir”, e reclamoulle que a lo menos teña a “coherencia” de garantir que o acordo se cumpre e o goberno galego garante a cobertura dos profesionais sanitarios no centro. Alertou da urxencia de cubrir as baixas e incluso que “fan falla máis prazas” de persoal, xa que a cidadanía “non pode ser atendida polo seu médico ou a saturación fai imposible que sexan atendidos en condicións acaídas”.

Apuntou que os pacientes que non poden ser atendidos e se dirixen a un PAC que da cobertura a máis de 20.000 persoas no que “empeza a ser un milagre que teña médico en fin de semana”. Deste xeito, nas fins de semana é habitual atopar “colas noutros centros de saúde privados porque o PAC non ten médico e deriva noutros PAC da zona que tampouco teñen médico” e polo tanto repercute en Urxencias do Hospital Montecelo, que “demanda unha solución á Consellería”.

Julio Torrado esixiu que “deixen de facer xestión sanitaria con google maps e unha folla de excel, teñen que ir alí e ver como está o Centro de Saúde, que ademais de mal dotado está mal estruturalmente”. Subliñou que “é unha competencia da Consellería que ata o de agora non fixo nada” por coidar as condicións da sanidade pública en Caldas de Reis.

Aludiu neste sentido á situación delicada do edificio, que precisa dunha reforma urxente á que a Xunta se está a negar de forma reiterada. Explicou que neste momento o fisioterapeuta ten que desprazarse a un local fora do Centro de Saúde porque non cabe, así como a matrona, que actualmente ocupa un local pagado polo Concello, cos problemas que derivan de que estea lonxe do persoal de servizos xerais e dos profesionais administrativos.

Lembra que o Concello xa ten posto a disposición da Consellería ata 5 terreos alternativos para a construción dunhas novas instalacións, pero o goberno galego négase de forma sistemática, ata o punto de que “presentaron o PXOM enteiro e Sanidade tamén dixo que non, que non era a súa labor, seica a súa labor é dicir que non”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a cubrir as baixas dos e das profesionais sanitarios no Centro de Saúde de Caldas de Reis para non volver a atoparse coa reiterada situación de non ter atención e ter que ser derivados a outras vilas, onde tampouco existe a seguridade de ser atendidos/as”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41