Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica ao PSdeG como alternativa de goberno fronte a unha Xunta “ausente” nun “momento crítico para Galicia”

Sinala que os socialistas galegos queren “liderar a posibilidade de cambio demostrando que hai outra forma de gobernar”

O líder dos socialistas galegos participa na Feira do Queixo San Simón da Costa en Vilalba para trasladar “o apoio ao sector leiteiro e toda a cadea agroalimentaria galega”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, presentou hoxe aos socialistas galegos como alternativa de goberno a unha Xunta “ausente, máis preocupada pola sucesión de Feijóo que polos problemas reais do país” precisamente nun “momento crítico para Galicia”. Así o dixo na súa visita á Feira do Queixo San Simón da Costa, hoxe en Vilalba.

Formoso sinalou que os socialistas galegos queren “liderar a posibilidade de cambio de goberno” demostrando que hai “outra forma de gobernar”. Salientou que o PSdeG “non é o partido das pancartas, nin o partido do NON, nin o da preocupación pola sucesión do seu líder”.

Aludiu aos socialistas galegos como un partido con equipo, proxecto e ampla experiencia de xestión que a cidadanía coñece e valora, unha alternativa que ofrece estabilidade, rigor e seriedade e sentido de país por parte dun partido activo, renovado e preparado para gobernar.

Presentou un “partido afianzado nas institución”, que demostra unha alternativa “de goberno”, como demostra a xestión nos concellos de Santiago, Ferrol, Vigo, Lugo ou A Coruña, así como en Vilalba, un “lugar simbólico” que apostou polo cambio logo de 30 anos de goberno do PP e que demostra o que o PSdeG “pode facer dende as institucións”.

Contrapuxo a ausencia do PP e do goberno galego coa iniciativa socialista para “lanzar un decálogo básico” de medidas para que “a cidadanía galega poida entender cales son as nosas prioridades”. Unha delas, resumiu, “é o apoio ao papel estratéxico do sector agroalimentario, que supón o 2 por cento do PIB de Galicia, e que produce máis da metade do leite de todo o Estado”.

Así o dixo dende Vilalba, conde acompañou á alcaldesa, a socialista Elba Veleiro, e cargos públicos e orgánicos do PSdeG de Lugo, na Feira do Queixo San Simón da Costa para “manifestar o apoio do PSdeG e a lectura que fai do sector leiteiro e de toda a cadea agroalimentaria do país como un sector estratéxico”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53