Categorías: Secretaría Xeral

Formoso reivindica ao PSdeG como a “única forza que concilia o sentido común” coa capacidade de “xerar ilusión” con proxectos de futuro

O secretario xeral do PSdeG, xunto co alcalde Bugallo e o ministro Miñones, participa na tradicional pegada de carteis coa que se inicia a campaña en Santiago

Destacou que o seu partido estará centrado nos próximos catro anos en facer cidades “máis amables, que creen emprego para reter o talento e que garantan o acceso á vivenda”

11 de maio de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín G. Formoso, participou a noite deste xoves na tradicional pegada de carteis, celebrada na praza de Mazarelos, en Santiago, onde reivindicou ao Partido Socialista como a “única forza capaz de conciliar o sentido común” á fronte dos gobernos municipais coa capacidade de “xerar ilusión” en torno á concepción de novos proxectos de futuro pensados para as persoas.

Nun acto no que estivo acompañado polo alcalde e candidato á reelección en Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e polo ministro de Sanidade, José Miñones, o número un dos socialistas galegos salientou que o PSdeG acude a estas eleccións decidido a defender todo o que leva feito neste mandato coa cabeza moi alta á fronte dos concellos e das concellerías.

O foco mediático neste inicio da campaña na cidade de Ourense, debido á singular rolda de prensa e apertura de investigación da Fiscalía contra Jácome, así como o xuízo rápido deste xoves contra Baltar por un posible delito contra a seguridade viaria. Ante esta conxuntura, Formoso remarcou que o PSdeG é “un partido con sentido común fronte a outros experimentos que vemos en Ourense”. Engadiu que “somos o antídoto contra o desgoberno”, algo que asegurou que “xa o vimos en Santiago” nas dúas anteriores lexislaturas antes da volta de Bugallo á alcaldía.

O líder do PSdeG reivindicou que encaran esta campaña co compromiso de “defender as ideas”, pero sempre tratando de facer “política útil”, que considera que “tanta falta fai hoxe en día nos concellos de Galicia”. Este modo de facer política entende que é o que levan facendo os últimos anos nas 6 grandes cidades galegas nas que gobernan ou cogobernan, así como no total dos 110 rexedores socialistas que son “referente da xestión municipal” en todo o Estado.

Para iso, teñen un programa marco que se lanzou dende a dirección galega, pero incide en que “cada candidatura ten que aportar as súas propostas para adaptalo ás necesidades dos seus veciños e veciñas”.

Formoso entende que os concellos do futuro teñen que seguir as liñas que eles establecen no documento que presentaron publicamente a semana pasada. Asegurou que durante os vindeiros catro anos se centrarán especialmente en crear “cidades máis amables, que creen emprego para reter o talento e que garantan o acceso á vivenda”, como así ben definido, recordou, na Ponencia Marco do PSdeG.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00

José Miñones sinala que o “demoledor” informe do Consello de Contas constitúe unha “emenda á totalidade” da política sanitaria de Rueda e da Xunta de Galicia

Apunta que os relevos nas xerencias das áreas sanitarias de Santiago, Ourense e Ferrol “evidencian que a sanidade galega é…

11/05/2024 11:00

Patricia Iglesias denuncia que a Xunta deixa sen executar máis da metade dos Fondos de Recuperación

Lamenta a opacidade e nula vontade de xestión de Xunta e PP, que hoxe rexeitou unha proposta para pedirlle ao…

10/05/2024 12:38

Julio Abalde esíxelle á Xunta que garanta as compensacións dos mariscadores da ría do Burgo durante o período de recuperación da produción

Sinala que  lle corresponde ao Executivo autonómico poñer a súa parte durante os 18 a 24 meses que dura o…

09/05/2024 12:53

Julio Abalde reclama un plan específico para garantir un ensino “de calidade, inclusivo e equitativo” no rural galego

Acusa á Xunta de seguir un criterio “unicamente economicista” e advirte que o ensino de calidade “é imposible sen medios…

08/05/2024 19:10