Categorías: Secretaría Xeral

Formoso pon en valor a aprobación “por aclamación” das listas socialistas no acto de presentación do candidato en Rianxo

O secretario xeral do PSdeG amosa a súa ilusión de que Óscar Rial recupere o goberno da “terra de Castelao”

Os exalcaldes rianxeiros Bravo Frieiro e Pedro Piñeiro, respaldan coa súa presenza ao novo cabeza de lista dos socialistas

O secretario xeral dos socialistas galegos, Valentín González Formoso, interviu este domingo na presentación de Óscar Rial como candidato a alcaldía de Rianxo, onde puxo en valor que o Comité Nacional do PSdeG ratificara por “aclamación” as listas socialistas, incluídas a das 7 grandes cidades.

O líder dos socialistas galegos amosou orgullo porque o seu partido gobernase anteriormente “a terra de Castelao” e asegurou que con Rial ao fronte da candidatura volverán a “concretar os soños dos rianxeiros e rianxeiras”.

Nesta marea que aposta por Rianxo temos barco, que se chama Partido Socialista e temos a mellor tripulación, que son rianxeiros, que queren saír ao mar, e atopamos ao mellor patrón, que coñece os ventos, que é Óscar Rial, e que se preocupa xa antes de ser alcalde pola súa tripulación”, dixo Formoso ao fío do espírito mariñeiro que caracteriza a Rianxo.

Formoso encara este proceso de municipais con moito ánimo trala aprobación, ben por aclamación, ben por unanimidade, das listas que presentarán os socialistas en 231 dos concellos galegos. No relativo ás que faltan por configurar, afirmou que traballan por ter as mellores candidaturas no maior número de concellos posibles, pero que non van a “estar por estar” e que presentar listas sen xente da vila é “tomarlle o pelo á cidadanía”.

Do mesmo xeito, está seguro de que seguindo co seu “proceso de reconstrución” do partido, nuns anos haberá representación socialista moi “digna e identificada con cada unha das 313 vilas galegas”.

Os socialistas estanlle a dar unha gran importancia ás eleccións de maio. En palabras do seu líder, que ten unha ampla experiencia no ámbito municipal, isto débese a que é na política local “onde nos relacionamos de forma directa coa cidadanía, coa veciñanza e o Partido Socialista desprega todo o seu potencial”.

Resalta que a política municipal, “non é unha carreira electoral sen máis”, senón que é “a esencia da política, a máis achegada á cidadanía” e cre que dálles un “coñecementoque enriquece o resto de esferas políticas.

ILUSIÓN E RESPALDO DOS HISTÓRICOS

O candidato do PSdeG, Óscar Rial, que se presenta por primeira vez estivo arroupado polos exalcaldes socialistas da localidade, Bravo Frieiro e Pedro Piñeiro. Rial afronta esta etapa “con moita ilusión”, nun “momento de cambio, de xerar ilusión e a sensación de que Rianxo merece ter un futuro, e para iso estamos traballando e para iso nos presentamos”, declarou.

O candidato remarcou o traballo que están a realizar indo casa a casa e “petando en todas as portas”, na Deputación, no Parlamento, no propio partido, aos que agradeceu a súa axuda para recuperar “o Rianxo paraíso” do que estaban orgullosos no pasado. “Imos a recuperar os servizos que merecemos” e asegurou que para iso están traballando.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41