Categorías: Secretaría Xeral

Formoso impulsa a Mónica Rodríguez como candidata do PSdeG para “seguir revitalizando Vimianzo” dende a alcaldía

O secretario xeral dos socialistas galegos salientou a empatía da actual rexedora cunha vila que se está convertendo “nun dos polos económicos máis dinámicos da comarca”

24 de marzo de 2023. O secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, impulsou este venres a candidatura de Mónica Rodríguez Ordóñez á alcaldía de Vimianzo para “seguir revitalizando” esta vila como un dos principais polos económicos da comarca.

No acto de presentación da candidata na Casa da Cultura local, ademais de Formoso, tamén participaron o secretario provincial da Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, a secretaria xeral da agrupación de Vimianzo, Paula Mouzo, así como diversos deputados autonómicos e provinciais, e alcaldes e alcaldesas da comarca.

O líder do PSdeG salientou o traballo da alcaldesa durante este primeiro mandato para “converter a Vimianzo nun dos polos económicos mais dinámicos da comarca, un reflexo do municipio que ela lidera”. Tamén a definiu como “unha muller implicada, traballadora, capaz de facer seu cada un dos proxectos”. “Temos a unha gran persoa, con coraxe, que cumpriu con Vimianzo”, engadiu.

Formoso afirma que dende que chegou á alcaldía, Rodríguez “foi quen de tecer empatía cos veciños, de escoitar, de identificar ben cales son as súas necesidades para poñer en liña a Administración Local”. Alegou que,“por iso Mónica ten todo o apoio, e tamén dependemos dela e de todos os alcaldes destes concellos para ter a disposición unha Deputación ben xestionada que imos a deixar sen ningunha débeda”

Ademais, coñece ben á candidata por ser membro da dirección galega do PSdeG, tanto que considera que “é unha das persoas con máis proxección” na mesma, e que “en infinidade de ocasións comparte comigo axenda visitando as empresas desa Galicia puxante e viva, da que ela é un bo reflexo”.

O secretario xeral dos socialistas aproveitou a presentación para reivindicar o músculo do PSdeG nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte, e a colaboración e traballo en equipo despregado polos alcaldes e alcaldesas. No acto déronse cita os rexedores de Fisterra, Corcubión e Muxía e tamén as de Camariñas, Cee, os de Carnota, Dumbría e Ponteceso, e mesmo o de Boiro.


CREAMOS VIMIANZO

Pola súa banda, Rodríguez Ordóñez fixo un discurso co que deu o pistoletazo de saída á campaña das municipais co obxectivo de revalidar o cargo ao que accedeu no ano 2019. Afirma chegar con gran ilusión por continuar o seu proxecto tras “catro anos especialmente duros”, nos que contou co seu “gran equipo” ao que agradeceu todo o seu apoio e traballo.

Ademais dun percorrido dos logros que tiveron durante esta lexislatura que está apiques de rematar. Rodríguez asegurou que estes “serían moi difíciles de lograr sen o apoio da Deputación de Coruña e do seu presidente” Valentín Formoso, que financiou distintas obras esenciais para a vila. Dirixiuse directamente aos veciños e veciñas para denunciar que a necesidade de axuda do organismo provincial débese en gran parte a que “a Xunta esquécese de nós”.

De cara ao segundo mandato que quere optar, enumerou algún dos proxectos que buscan levar a bo porto. Partindo do lema “en Vimianzo eu creo, e imos seguir creando”, repasou os aspectos nos que se centra o seu proxecto político pasado, presente e futuro.

Entre estes aspectos enumerou o ámbito da igualdade, da cultura, dos servizos sociais, da natalidade, da reactivación económica, do deporte, do turismo, da creación de emprego e a formación, e das infraestruturas. A pesar de que asegura que lles gustaría “ter maior alcance”, cre que é mellor “facer pouco e ben”.

Non se amosou conformista a actual alcaldesa cando afirmou que “queremos máis, temos moito máis por cumprir, que traballar e pelexar”. Falou en nome do seu grupo político que “quere o mellor para os veciños e veciñas”, os mesmos polos que loita para seguir revitalizando a vila e que lle aportan “o que nos move e nos seguirá movendo, a ilusión”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06