Categorías: Actualidade

Formoso repróchalle a Feijóo a “actitude desleal” que tivo co seu país en Bruxelas e que defenda un modelo que lle recortaría as pensións a case 700.000 galegos


O secretario xeral do PSdeG advirte que a proposta implantada por Macron en Francia, e que aplaude o PP, non foi pactada cos axentes sociais e fixo “arder as rúas”

24 de marzo de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, en contra “indignante” a actitude “desleal” do líder do Partido Popular, Núnez Feijóo, por acudir a Bruxelas a criticar a xestión dos fondos europeos que se fai en España ou mesmo o acordo para a reforma de pensións que garante a súa revalorización en liña co aumento do custe da vida.

No transcurso dun encontro mantido co alcalde de Santiago, o dirixente socialista referiuse ao encontro que o líder do PP mantivo coa presidenta da Comisión Europea, Úrsula Von der Leyen, e lamentou que Feijóo acuda “ao corazón de Europa” a criticar a asignación dos fondos do mecanismo de recuperación e resiliencia, que “se están a xestionar debidamente e que están a levantar a economía de España e de Galicia”.

Formoso puxo de manifesto que “doe ver ao líder da oposición falar mal do seu país”, o mesmo que fixera Pablo Casado tratando de evitar a concesión dos fondos europeos no seu momento, especialmente cando todas as comunicacións emitidas dende Bruxelas fan fincapé na boa xestión que está a facer o goberno de España das axudas.

Non pasou por alto Formoso o feito de que Feijóo aplaudira a reforma das pensións promovida en Francia, cando foi decidida unilateralmente pola vía do decreto en contra do criterio dos actores sociais, levando á “clase media e traballadora a facer arder as rúas” polas medidas regresivas. E que, ao mesmo tempo, criticara a reforma aprobada polo goberno de Pedro Sánchez, feita con acordo cos sindicatos e pactada coa propia Comisión Europea para mellorar as condicións dos pensionistas.

O líder do PSdeG afirma que “o alumno avantaxado de Rajoy comeza a asomar a patiña” do que vai facer se algún día chega ao poder. Cre que o mellor exemplo para coñecer o modelo de Feijóo é atender á ínfima suba das pensións dun 0,25% que aplicaron os populares hai unha década e empobreceu aos pensionistas.

Esixiu que tanto o expresidente galego, coma o seu sucesor na Xunta, aclaren aos máis de 600.000 pensionistas galegos se o seu modelo pasa por reducir o seu nivel adquisitivo. Sobre todo por seren persoas xubiladas e máis vulnerables, que están nunha etapa da vida onde “agardan que os políticos ofrezan certezas e tranquilidade”.

Concluíu afirmando o secretario xeral dos socialistas galegos que “debemos denunciar que este é o modelo que queren Feijóo e Rueda para Galicia”, o de recortar as pensións e a capacidade de compra dos maiores, e subliñou que tamén “debemos criticar a súa actitude desleal con España e con Galicia” por trasladar estes posicionamentos en Bruxelas.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41