Categorías: Secretaría Xeral

Formoso acusa a Rueda de facer seguidismo da estratexia de Ayuso e Moreno Bonilla co recurso anunciado contra o imposto ás grandes fortunas

O secretario xeral do PSdeG considera que o PP vai en contra do “espírito solidario do pobo galego” e só busca beneficiar aos “señoritos andaluces”

24 de marzo de 2023. O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, acusou hoxe a Rueda de facer “seguidismo” de Ayuso e Moreno Bonilla co recurso de inconstitucionalidade anunciado por Rueda ao imposto ás grandes fortunas.

Nunha rolda de prensa en Santiago co alcalde Sánchez Bugallo, Formoso asegurou que “non nos colle por sorpresa” a decisión da Xunta de recorrer o imposto de grandes fortunas creado polo goberno de España. Este naceu para contrarrestar a bonificación do imposto de patrimonio, que anunciaron varios gobernos autonómicos do PP, entre eles o galego que só pagaban os “millonarios”.

Formoso considera “unha mágoa” que “quen fixa a política tributaria de Galicia sexan Ayuso ou Moreno Bonilla”, xa que estes fixeron antes que Rueda a bonificación tributaria aos máis ricos, así como que anunciaron antes o recurso ante o Tribunal Constitucional contra o novo tributo.

O líder do PSdeG cre que a posición dos populares reflicte o “clasismo de señorito andaluz” e “vai contra o espírito solidario do pobo galego” que “sabe que cando veñen mal dadas, quen máis ten debe ser solidario con quen menos ten”.

A XUNTA CHEGA TARDE

Ante a polémica respecto da eólica mariña, Formoso ve “populismo por un lado e polo outro”. Marca a posición fixa de que “o primeiro é asegurarse de que as instalacións nos afectan aos caladoiros dos que viven miles de familias galegas”. Para iso, cre que “hai que implicarse co mundo do mar” para asegurarse de que non van a ter ese impacto negativo na súa actividade.

Tamén valorou o anunciou de Rueda de que a Xunta participará nos parques eólicos, recordando que así o propuxeron dende o PSdeG da man de diferentes organizacións do mundo do traballo e do rural no seu Pacto Eólico. Así mesmo, considera que esa participación debe facerse extensiva a todos os proxectos estratéxicos que se instalen na comunidade, en especial coas novas plantas de xeración de hidróxeno verde.

A pesar de que celebra a decisión, critica que “chegan tarde” ao anuncialo cando acaban de aprobar a gran cantidade de 75 parques eólicos nas últimas semanas e que agora vai a ser moi difícil convencer ás empresas desa colaboración cunha posición negociadora feble.

Do mesmo xeito, ve positivo o anuncio de que se terán en conta os efectos socioeconómicos das instalacións, pero alerta de que isto significa que ata o de agora non estaban tendo en conta este aspecto. Formoso considera esencial promover parques “que se implican no territorio” e evitar os que sexan simplemente “especulativos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13