Categorías: Secretaría Xeral

Formoso esixe a Rueda máis medidas para protexer ás vítimas de Violencia de Xénero cos fondos habilitados dende Estado para esa finalidade

A Secretaria de Igualdade do PSOE, Andrea Fernández, analiza no acto central sobre o 25N analiza a necesidade do consenso para renovar o Pacto de Estado contra a Violencia Machista

A secretaria de igualdade do PSdeG, Silvia Fraga, alerta sobre o aumento dos discursos que negan este problema entre a mocidade

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, esixiu á Xunta que leve a cabo máis medidas de protección ás vítimas no acto central do PSdeG polo 25N, Día Internacional da Loita Contra a Violencia de Xénero. Interviu xunto coa secretaria de igualdade dos socialistas galegos, Silvia Fraga, e a súa homóloga na executiva federal do PSOE, Andrea Fernández.

O líder dos socialistas galegos remarcou a necesidade do acto realizado polo seu partido para “reflexionar sobre a evolución da loita contra a Violencia de Xénero” dende o ano 2003 que se comezaron a acreditar os casos e implantar sistemas de protección e detención por parte das institucións públicas.

Algunhas das cifras que resaltou Formoso para facer balance tras case dúas décadas de loita e concienciación, son o aumento dun 9,9% das denuncias en Galicia no primeiro semestre do ano, cun total de 1.800, así como que das denuncias presentadas, soamente o 0,006% son falsas e o 87% acaban con condenas, datos cos que busca contrarrestar o discurso negacionista aportado dende diversos sectores da dereita.

Pero o que máis preocupa ao dirixente do PSdeG son as 66 mulleres galegas asasinadas dende que hai datos, xa que “detrás de cada cifra hai un drama familiar, un drama social para o país”.

Son estes “preocupantes datos” que amosan un retroceso patente na loita contra a violencia de xénero para Formoso, viuse na obriga de facer “unha crítica construtiva, pero necesaria á Xunta”, polo que emprazou ao goberno de Rueda a non destinar os fondos que chegan dende o Estado para Violencia de Xénero para publicidade nas cidades e os empregue para “medidas de asistencia e protección e crear sistemas de redes de acollida, para darlle o calor das administracións cando máis o precisan”.

FOCO NOS HOMES MOZOS

No acto tamén interviron Silvia Fraga e Andrea Fernández, secretarias de igualdade das executivas do PSdeG e do PSOE respectivamente. Pola súa banda, Silvia Fraga amosou a intención do seu partido de cara a este 25N de centrar o foco na xente moza, con especial atención aos homes, xustificado nun recente estudo onde o 20% dos rapaces entre 15 e 29 anos pensan que a violencia de xénero é un “invento ideolóxico”.

A representante da executiva federal do PSOE subliñou a importancia da renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, cun compromiso firmado por tódolos grupos do Congreso salvo VOX aproximadamente hai un ano. A deputada natural de León amosou a “importancia do consenso” para que as medidas deste acordo sexan executadas de maneira correcta e respectado pola maior parte da sociedade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08