Categorías: ActualidadeSecretaría Xeral

Formoso empraza ao municipalismo socialista como plataforma para “alcanzar a Xunta en 2024” coa proposta dunha “Galicia nova e máis ilusionada”

O líder dos socialistas galegos sitúa ao PSdeG como alternativa de goberno en Ourense para “recuperar a dignidade e mandar a Baltar e Jácome ao caixón da historia”

Con respecto á enquisa publicada hoxe sinala que o PSdeG é a única forza que medra “fronte ao estancamento do nacionalismo e o descenso do PP”

Rafael Rodríguez Villarino chama a “perfilar e reunir as experiencias de cada alcalde” para “apoiar dende o poder municipal ao noso secretario xeral no camiño á Xunta de Galicia”

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, apelou ao músculo municipal socialista, con 110 gobernos e o 62 por cento da poboación, como argumento para “alcanzar a Xunta en 2024”. Así o dixo nunha convención municipal dos socialistas ourensáns que se celebrou en O Carballiño, no que participaron os principais referentes municipais do partido na provincia.

Formoso defendeu o proxecto socialista que defende “unha Galicia nova, máis ilusionada”, e apuntou ao “traballo que temos por diante” para “escoitar aos sectores que requiren de ilusión e de confianza”. Apuntou ao traballo do PSdeG, “con humildade, con moito compromiso e moito percorrer o país” para conformar unha alternativa de goberno.

Así o dixo logo de apelar ao respaldo crecente dos socialistas galegos que vén de reflectir a enquisa de Sondaxe coñecida hoxe “na que se estanca o nacionalismo, baixa o PP, e a única forza que medra é o PSdeG”.

O líder dos socialistas galegos apelou á forza municipal do PSdeG, que goberna 5 das 7 grandes cidades, ademais das deputacións de A Coruña, Lugo e Pontevedra, e que evidencia que “somos a plataforma na que a cidadanía deposita a confianza na parte institucional que máis lle preocupa e afecta no seu quefacer diario”, como son os gobernos municipais.

O responsable socialista chamou a “devolverlle a dignidade con compromiso e ilusión” a Ourense, co obxectivo de “mandar ao caixón da historia ao baltarismo, a Jácome e a todo aquelo que fai sentir vergoña a esta marabillosa provincia e ás súas vilas”. Sinalou que “hoxe o PSdeG vén a lanzar unha mensaxe de optimismo e de futuro a unha terra que toda Galicia quere e admira como é Ourense

Así o dixo antes do acto de O Carballiño, que contou coa presenza do presidente da Femp, Abel Caballero, da Fegamp, Alberto Varela, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e o alcalde da localidade, Francisco Fumega.

Futuro

O secretario provincial do PSdeG de Ourense, Rafael Rodríguez Villarino, resumiu a mensaxe dos alcaldes socialistas de Ourense: “xa está aquí o futuro”. Engadiu que “por fin esta provincia vai deixar de conformar o reduto do clientelismo e da dereita en Galicia para ser un lugar de progreso onde poidamos desfrutar da alternativa que tanto necesitamos”.

O anfitrión do acto foi precisamente o alcalde de O Carballiño Francisco Fumega, quen agradeceu a presenza dos referentes socialistas para “perfilar e reunir experiencias de cada alcalde” co obxectivo de “apoiar dende o poder municipal ao noso secretario xeral no camiño á Xunta de Galicia”. Lembrou o perfil de Formoso como alcalde de As Pontes como aval para liderar unha alternativa política “que cre na Galicia do futuro”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24