Categorías: Actualidade

Formoso reclama dende Guitiriz o impulso do interior de Galicia

O líder dos socialistas galegos participa na V Festa da Torta de Millo de Guitiriz

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, visitou hoxe Guitiriz –Lugo-, dende onde lle reclamou á Xunta que “se poña a traballar para impulsar o desenvolvemento equilibrado do interior de Galicia”, garantindo unha calidade de vida en igualdade de condicións. Así o dixo na súa visita á V Festa da Torta de Millo de Guitiriz, xunto coa alcaldesa da localidade, Marisol Morandeira, e o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.

O responsable socialista achegouse ata a localidade chairega para apoiar esta cita gastronómica e cultural que o concello recuperou logo de dous anos de parada obrigada polos efectos da pandemia.

Formoso salientou o esforzo do Concello e da Deputación de Lugo para impulsar este certame, dirixido a fomentar un turismo sostible e de calidade, que impulsa os produtos de proximidade e que pon en valor o patrimonio propio.

Reivindicou un desenvolvemento equilibrado do territorio e fixo un chamamento ao goberno autonómico para “poñerse a traballar e impulsar o interior de Galicia” a través do impulso das infraestruturas e dos servizos públicos en condicións de igualdade para a cidadanía do rural.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08