Categorías: Actualidade

Felipe Sicilia denuncia o desprezo de Feijoo ao colectivo LGTBI: “o que non foi bo para Galicia non vai ser bo para España”

O portavoz da Executiva do PSOE lembra que a Xunta tan só dedica un 0,002 por cento dos orzamentos a loitar contra a discriminación do colectivo LGTBI

Bernardo Fernández Piñeiro lamenta que a loita contra a discriminación estea “de actualidade con formacións políticas que ameazan a igualdade de trato” e por “aquelas que as branquean e incorporan ás institucións”

O portavoz da Executiva do PSOE, Felipe Sicilia, acusou hoxe en Santiago ao líder do PP, Núñez Feijoo, de ter “esquecido e desprezado ao colectivo LGTBI en Galicia” e engadiu que “o que non foi bo para Galicia non vai ser bo para España. Así o dixo nunha xornada sobre a Lei de Igualdade de Trato e non Discriminación –Lei Zerolo-, no que tamén participaron o alcalde da cidade, Xosé Sánchez Bugallo, e o secretario provincial, Bernardo Fernández Piñeiro.

Sicilia acusou ao ex presidente da Xunta de ter aprobado unha Lei contra a discriminación das persoas LGTBI en Galicia a iniciativa do PSdeG, que sen embargo “gardou nun caixón e non a aplicou”. Sinalou que malia que “non puido dicir que non, porque como se ía negar a loitar contra a discriminación”, pero sen embargo “non quixo” executala.

Preguntou como quen “durante anos tivo unha Lei para rematar coa discriminación que sofren moitas persoas en Galicia, e non a aplicou, como a vai aplicar agora se pretende chegar ao goberno da nación”. Engadiu que “Feijoo non foi bo para rematar coa discriminación e Galicia, evidentemente non vai ser bo para atallar a discriminación a nivel nacional no noso país”.

Máxime, dixo, se está “hipotecado pola estrema dereita”, que “día tras día o que fai é atacar a colectivos como o LGTBI ou chegar a desprezar ás persoas con discapacidade”.

Felipe Sicilia aludiu á réplica do vicepresidente de Castela e León na Cámara autonómica, onde “vimos como atacaba a unha deputada pola súa discapacidade”, e salientou que “Feijóo claudicou primeiro ante a corrupción do seu partido, e despois ante a estrema dereita de Vox”.

O responsable socialista sinalou ademais que o último orzamento aprobado por Feijoo en Galicia dedica tan só o 0,002 por cento ás políticas para o colectivo LGTBI e loitar contra a discriminación destas persoas. Sinala que o novo líder do PP “nin creu nas políticas de loita contra a discriminación nin nas políticas que necesita o colectivo LGTBI para a loita contra a discriminación e a falla de igualdade”.

Bernardo Fernández Piñeiro

O secretario provincial do PSdeG de A Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, deu a benvida a Sicilia ao acto para presentar a Lei Zerolo contra unha discriminación “de rigorosa actualidade con formacións políticas que son unha clara ameaza contra a igualdade de trato”.

Sinalou que a Lei “recoñece dereitos en risco de forma explícita por formacións políticas como Vox, e por outras que as branquean e a incorporan ás institucións, como é o PP”. Salientou que se trata dunha “Lei histórica” que leva “12 anos tramitándose no Parlamento” logo de ter sido “paralizada e non apoiada polo PP”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02