Categorías: Secretaría Xeral

Formoso empraza a Rueda e ao PP a escoitar o clamor unánime “contra o deterioro, a devaluación e a privatización da sanidade”

O líder dos socialistas encabeza á representación socialista na manifestación en Defensa da Sanidade Pública en resposta aos “silencios, ocorrencias e parches” do goberno galego

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, sinalou que o clamor social reunido na manifestación en defensa da Sanidade Pública resume “o que pensa o mundo sanitario e tamén a sociedade civil” da “aposta polo deterioro, a devaliación e a privatización” dos últimos 13 anos de gobernos do PP en Galicia. Formoso liderou hoxe a multitudinaria representación socialista na concentración que ateigou as rúas de Compostela.

O líder dos socialistas galegos esixiulle ao presidente da Xunta que escoite a defensa unánime “daquelo que máis queren os galegos e as galegas, que é o sistema de saúde pública”, que constitúe un “piar do Estado do Benestar e do sistema de vida” de centos de milleiros de persoas nesta Comunidade Autónoma.

A concentración, engadiu, é a resposta ao “silencio rotundo” do goberno galego ás propostas dos socialistas galegos para a recuperación e a mellora da sanidade pública. Resumiu que “hoxe vámosllo explicar doutra maneira” logo de “moito tempo intentando que escoitaran as propostas para o mundo sanitario” ofrecidas dende a experiencia de xestión institucional de organizacións como o PSdeG.

Esta é a contestación social a un goberno galego que só reaccionou con “ocorrencia tras ocorrencia e parche tras parche”, en alusión ás medidas propostas polo goberno galego diante da organziación desta manifestación de reacción a máis dunha década de “deterioro que prexudica a toda a sociedade galega”.

Valentín González Formoso encabezou hoxe á delegación socialista cunha ampla presenza de representantes públicos e orgánicos do PSdeG de toda Galicia, cos alcaldes de localidades como Vigo, Santiago, Lugo, Vilagarcía, Ames, Boiro, O Grove, Viveiro, Caldas de Reis, Meis, Baiona, Fisterra, Corcubión, Burela, Oroso, Forcarei, Muxía, Negreira, Alfoz, Ourol ou Vilalba, entre outros, así como os responsables das deputacións e parlamentarios no Congreso e na cámara autonómica.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Partido Socialista de Galicia pedirá personarse na causa de Montoro polos chivatazos xudiciais contra Besteiro e Orozco

O Ministro do PP recibía con antelación información privilexiada de actuacións xudiciais contra os socialistas O secretario de organización do…

08/05/2024 12:21

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31